1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

210815 saudeGaliza - CIG - CIG-Saúde alerta do deterioro e o colapso na Atención Primaria da Coruña ao non cubrirse as ausencias do persoal de vacacións.


Reclama da Consellaría que cubra todos os postos para garantir a calidade asistencial e as condicións laborais

CIG-Saúde da Coruña alerta da degradación que está a sufrir a atención sanitaria pola decisión da Consellaría de non contratar persoal para substituír as vacacións dos e das profesionais. Esta situación, que se vén padecendo nos últimos anos, estase a ver agravada este verán, afectando de xeito moi negativo á Atención Primaria tanto no referido á calidade asistencial aos/ás doentes como nas condicións laborais do propio persoal.

Para “paliar” este recorte de traballadores/as, a administración galega recorre en maior medida ao bloqueo de axendas durante moitos días (nos que non se pode citar pacientes, tanto para médicos/as de familia e pediatras como para enfermaría) e á intersubstitución (distribución dos/as pacientes dun profesional entre os demais do centro).

“Isto provoca unha sobrecarga de traballo para as e os profesionais, que non poden dedicar o tempo necesario a cada paciente, e tamén provoca a existencia de listas de espera que nalgúns casos superan unha semana de agarda para unha cita co médico ou médica de cabeceira”, advirten dende a CIG-Saúde da Coruña.

Un exemplo claro deste deterioro é o do centro de saúde de Carballo. De 19 médicas/os de cadro agora hai 8 ausencias das que só 2 teñen substituto, 2 cóbrense con intersubstitucións (entre compañeiros/as), 3 axendas están bloqueadas (non se citan pacientes) e 1 cóbrese cunha prolongación (só 3 horas da quenda). No colectivo de enfermeiras/os, de 14 traballadores/as hai na actualidade 5 ausencias, das cales só 1 ten substituta e as outras 4 cóbrense con intersubstitucións.

Noutros centros como o de Bergondo no que hai 2 enfermeiras de cadro, súplese a ausencia dunha delas cunha media xornada.

“Pero isto non é algo excepcional destes centros nin destas categorías, son só exemplos que se repiten ano tras ano nos distintos centros de saúde e categorías da Atención Primaria da Coruña. Esta situación leva a que os/as profesionais se vexan cunha sobrecarga de traballo importante”, afirman.

Iso supón, ademais, que os/as pacientes vexan deteriorados os seus servizos, “sufrindo demora nas súas citas ou tendo que facer colas porque os/as profesionais non son quen de atendelos/as as horas citadas, xa que teñen que atender máis doentes que citas dispoñíbeis”.

Á súa vez, a sobrecarga na Atención Primaria repercute indirectamente nos servizos de urxencias, xa que os/as doentes, ante un problema de saúde, ao atoparse que non teñen citas acoden ás urxencias, colapsando os mesmos con patoloxías que se poderían resolver na atención primaria.

Pola súa banda, a Administración ampárase no bo facer profesional e na responsabilidade das traballadoras e traballadores “que fan todo o que está nas súas mans para dar a sanidade de mellor calidade”.

Dende CIG-Saúde esixen á Consellaría de Sanidade a cobertura do 100% das ausencias, con emprego estábel, “para dar aos/ás pacientes a calidade que se merecen e dar aos traballadores e traballadoras unhas condicións dignas de emprego”.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.