1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

nomconfiscatorioGaliza - FEGADACE - A Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) quere levar á rúa a campaña de recollida de sinaturas que respalden a Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) 'Non ao copagamento confiscatorio'.


Esta ILP está impulsada polo CERMI (Comité Estatal de Representantes de Persoas con Discapacidade), entidade da que fai parte FEGADACE, que comparte, polo tanto, a responsabilidade da obtención das 500.000 sinaturas necesarias para que a iniciativa sexa aceptada e debatida no Congreso dos Deputados.

Así, aproveitando a afluencia ás festas da cidade, FEGADACE vai colocar unha mesa de recollida de sinaturas na Praza do Toural, en Santiago de Compostela. Será na tarde do xoves 23 de xullo en horario de 17:00 a 20:00 hh. A mesa vai estar atendida por persoal de FEGADACE e do CERMI Galicia, que informarán á poboación sobre os contidos da ILP e animarán a asinar para respaldar esta iniciativa en defensa das persoas con discapacidade e en situación de dependencia.

A ILP contra o copagamento confiscatorio é a resposta do movemento social da discapacidade ás políticas das Administracións sociais que en desenvolvemento da lei de Autonomía Persoal e Atención á Dependencia crearon unha situación insostible que fai recaer o esforzo económico de mantemento do sistema nas propias persoas en situación de dependencia. Hai máis información na páxina web específica http://ilp.cermi.es/.

O dano cerebral adquirido

O dano cerebral adquirido é unha lesión que se produce no cerebro de forma súbita en persoas nacidas sen dano ningún. A súa principal causa é o ictus, seguido dos traumatismos cranioencefálicos (sobre todo por accidentes de tráfico, pero tamén laborais, caídas, golpes…), que provocan diferentes secuelas que constitúen o motivo desta discapacidade.

A FEGADACE

FEGADACE constituíuse en 2007 polas cinco asociacións de dano cerebral que traballan en Galicia: ADACECO na Coruña, ADACE en Lugo, Alento en Vigo, Renacer en Ourense e Sarela en Santiago. O seu obxectivo é contar cunha plataforma común de interlocución, coordinación e divulgación das necesidades do colectivo de persoas con dano cerebral adquirido.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.