1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

200715 saudeGaliza - CIG - A central presentou alegacións ao borrador da Consellería de Sanidade que desenvolve a Lei de Saúde de Galiza no referente a estes organismos.


A CIG-Saúde vén de presentar alegacións ao borrador da Consellería de Sanidade que desenvolve a Lei de Saúde de Galiza no referente aos Consellos de Saúde de Área para esixir que se garanta a participación do conxunto da sociedade no canto de primar os representantes políticos, ao tempo que se reclama a creación dun por área sanitaria e non por área de xestión integrada como pretende facer o departamento autonómico.

Dende a federación de Saúde da CIG explican que entre as alegacións achegadas ao borrador no que respecta ao ámbito territorial salienta a reclamación de que se cree un Consello de Saúde por área sanitaria e non por área de xestión integrada como pretende facer a Consellaría.

“A xestión integrada é unha estrutura de xestión deste Goberno, e non modificou o mapa sanitario (grazas á presión que se fixo para impedilo), polo que seguen vixentes as 11 áreas sanitarias, e a Lei de Saúde indica claramente que se creará un Consello de Saúde por cada unha delas”, lembran.

Ao mesmo tempo, sosteñen que os Consellos de Saúde son órganos de participación social, e mentres que no borrador achegado pola Consellaría se recolle unha composición na que priman os membros da Administración, “dende a CIG-Saúde esiximos que a composición recolla claramente a participación social, incorporando membros de distintos movementos sociais de defensa da sanidade, ademais de organizacións sindicais e asociacións de doentes”.

Tamén demandan da Consellaría de Sanidade que clarifique cal vai ser o proceso negociador: se as alegacións van ser escoitadas en reunións convocadas ao efecto ou se xa non vai haber período de audiencia e se van limitar a incorporar o que consideren.

Finalmente, critican que a Consellaría se propoña crear uns Consellos de Saúde afastados da xente, lonxe das persoas usuarias da sanidade e que só sirvan para dar o visto e prace ás políticas de desmantelamento da sanidade pública que está a levar a cabo o goberno autonómico e que “desde a CIG-Saúde imos intentar impedir con todos os medios ao noso alcance”.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.