1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

Sofosbuvir.svgGaliza - CNM - O Colectivo Nacionalista de Marín quere facer público o seu apoio á manifestación que a Plataforma de Afectados pola Hepatite C ten convocada para o próximo domingo día 1 de marzo en Compostela, "e facemos nosas as súas xustas e humanas reivindicacións de MEDICACIÓN PARA TODOS/AS".


Princípio ativo do Sovaldi, o Sofosbuvir, de Yikrazuul (talk) - Trabalho próprio. Disponível sob licença Domínio público via Wikimedia Commons - http://commons.wikimedia.org/wiki/File:Sofosbuvir.svg#mediaviewer/File:Sofosbuvir.svg

Denuncian que as administracións seguen xogando coa vida das persoas aplicando unha política de recortes salvaxe que prima os intereses comerciais dunha multinacional fronte á vida dos enfermos. Alén diso, "continúan facendo declaracións nos medios e nos parlamentos coa única intencionalidade de despistar a opinión pública e sen pór un euro para a compra dos medicamentos antivirais".

Do CNM, aínda, critican que creen comisións de expertos que escriben borradores, informes e fan recomendacións, "pero non hai solucións reais, ampáranse nestes expertos para xustificar a súa parálise resolutiva, como fixo hai pouco o presidente Feijoo no Parlamento", de onde expulsou os propios enfermos o pasado 11 de febreiro.

A alternativa dos nosos gobernantes é pois, segundo a organización de Marín, criminalizar os enfermos e as plataformas nas que se organizan para reivindicar unha solución aos seus problemas. Plataformas que, por outra banda, están a conseguir facer visíbel o problema e reaccionar ás administracións.

A empresa comercializadora do medicamento, Gilead, escúsase no forte investimento que tivo que facer para acadar o Sovaldi, mentindo descaradamento, para xustificar o seu elevado prezo. O medicamento foi froito dunha investigación, con fondos públicos, allea a esta empresa, quen despois "mercou a patente para se enriquecer a costa das e dos enfermos poñendo prezos á súa comenencia en cada estado" -di o CNM.

A solución para a entidade nacionalista pasa por atender as demandas das Plataformas de Afectados e crear un servizo público de fabricación de medicamentos como fan noutros países. O estado pode, legalmente, negarlle a patente á empresa e fabricar directamente este medicamento por ser de interese público. A oficina de patentes da India rexeitou patentar o medicamento Sovaldi, abrindo a posibilidade de que outras empresas poidan producir xenéricos moito máis baratos.

"No futuro é posíbel que cheguen novos medicamentos para curar e tratar enfermidades como o Alzheimer, o cancro...e ningún estado debera deixar nas mans de empresas voitres a saúde das persoas para que estas tiren o máximo beneficio, deixando morrer a aquelas persoas que non poidan asumir o seu custo. É responsabilidade das administracións fomentar e apoiar a investigación pública para que non se volvan repetir problemas como os que están a sufrir os enfermos de hepatite C, non deixando en mans de empresas privadas a saúde pública".

"Coa saúde non se xoga nin se fai negocio".


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.