1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

030215 pessoalGaliza - CIG - Convoca caceroladas nos hospitais Xeral e Meixoeiro este mércores e xoves ás 11.00 horas e un velorio o día 26 no Xeral ás 20.00 horas.


A Xunta de Persoal da Área Sanitaria de Vigo regresará á rúa para denunciar o avance do proceso de privatización da sanidade pública e rexeitar o "ERE encuberto" que pretende aplicar a Xunta. Así, convoca caceroladas nos hospitais Xeral e Meixoeiro este mércores e xoves ás 11.00 horas e un velorio o día 26 no Xeral ás 20.00 horas, ademais de apoiar a manifestación de SOS Sanidade Pública prevista para marzo.

Representantes dos traballadores/as da sanidade pública viguesa compareceron esta mañá en rolda de prensa para anunciar o calendario de mobilizacións para rexeitar a política de privatizacións da Consellaría de Sanidade. A primeira das protestas, que consistirá nunha cacerolada, terá lugar este mesmo mércores día 4 diante das Urxencias do Xeral ás 11.00 horas. Ao día seguinte, xoves, a mobilización trasladarase ao Meixoeiro.

Ao mesmo tempo, a Xunta de Persoal anunciou a celebración dun velorio nas inmediacións do hospital Xeral o vindeiro día 26 ás 20.00 horas, ademais de apoiar publicamente a manifestación de SOS Sanidade Pública prevista para mediados de marzo.

A representación do persoal explicou que tras a privatización dos servizos non sanitarios (lavandeiría, cociña, mantemento) virá a dos servizos sanitarios (laboratorio, xestión clínica), coa conseguinte perda de postos de traballo. Consideran que a Xunta pretende aplicar un "ERE encuberto" e advirten que perigan máis de 300 empregos.

"Asistimos a un claro avance do proceso de privatización e vemos como a folla de rota do Sergas é moi similar á de Povisa, polo que sairemos á rúa para impedir que amorticen postos de traballo e privaticen a sanidade", indican. Neste senso, sinalan que nos últimos tempos rexistrouse unha redución do 16% nos cadros de persoal, "cifra que no caso dos médicos/as elévase até o 22%".

Segundo censuran, a Consellería está a experimentar coa Área Sanitaria de Vigo para aplicar despois as mesmas políticas no resto do país. "Aquí xa temos un novo hospital que vai ser de xestión privada", lembran. Finalmente, adiantan que este calendario de mobilizacións pretende ser a antesala "dunha protesta máis contundente".


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.