1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

471px ALS CoronalGaliza - PDSPF - A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrolterra  denuncia a situación actual dos enfermos de ELA -esclerose lateral amiotrófica- polo que expresan as súas queixas polas consecuencias dos recortes da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia que consiste en administrar os seus medicamentos con autoinxectores antigos que os retrae aos usados hai 8 anos, segundo as súas denuncias.


Foto: ALS Coronal" de Frank Gaillard - Licença CC BY-SA 3.0 via Wikimedia Commons.

As persoas afectadas de ELA denuncian esta situación e lembran que soportaban mellor as súas medicacións cos AUTOINXECTORES modernos da casa Bayer, os cales o SERGAS, substituíron por inxectores antigos, produto das políticas actuais de RECORTES.

Os profesionais especialistas médicos, manifestan o seu malestar e desconformidade con estas medidas que levan a soportar marcas e feridas nos enfermos/as con estes ANTIGOS AUTOINXECTORES. Para comprendelo, fan unha comparación cos enfermos de Diabetes que se autoinxectan a insulina cos seus inxectores, máis asépticos, cómodos e sen padecer marcas ou dolores innecesarios.

Outra cuestión a observar é a idea de ACOSTUMARSE a esta medicación con estes inxectores, que lembran non é doado aceptar estas situacións de saúde. Explican que son uns vinte enfermos/as nesta comarca de Ferrol, en diferentes graos.

"Esta situación os leva padecer unha innecesaria peor calidade de vida polo que non se comprende este cambio de modelo de administración de medicamento, aínda que si reflexionamos e nos deixamos levar polo refrán "Pensa mal e acertarás" concluímos que estes RECORTES son aproveitados para confirmar aquela frase parlamentaria das bancadas dos populares "Que se jodan"" - consideran da Plataforma.

De tal forma, "comprendemos que estes RECORTES na Sanidade Pública por parte do SERGAS levan a ter consecuencias nefastas para un pilar fundamental do estado do benestar como é a calidade dentro do sistema da Sanidade Pública".

Por iso esixen a inmediata rectificación da Conselleira de Sanidade e que retorne ao anterior sistema de administración con AUTOINXECTORES máis eficaces e modernos que demandan estes enfermos de ELA co obxectivo de facilitarlles unha mellor calidade de vida.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.