1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

281214 camasGaliza - CIG - A CIG-Saúde denuncia que os doentes agardan nos corredores e reclama o reforzo de todos os servizos.


A política de recortes e privatizacións en materia sanitaria que está a aplicar a Consellería de Sanidade está a provocar un novo colapso no servizo de Urxencias hospitalarias da Área de Vigo. Dende a CIG-Saúde denuncian que os doentes agardan nos corredores mentres permanecen pechadas 25 camas e o persoal sofreu unha redución de máis do 50%.
2014 12 26 ColapsoUrxenciasVigo01
Dende a federación de Saúde da central nacionalista explican o colapso dos servicios de Urxencias, con preto de 60 persoas agardando por atención médica nos boxes e nos corredores, afecta tanto tanto ao hospital Xeral como ao do Meixoeiro, e denuncian que coincide co "bloqueo" do 5º andar do Xeral, "onde permanecen pechadas 25 camas".

Ademais, sinalan a baixa ocupación que se rexistra no centro médico nestas datas, con menos do 50% do persoal en activo,"algo que parece ter relación coa baixada de actividade cirúrxica programada nestes días, pero tamén coa política da Xerencia de non substituír ao persoal, utilizando o dos andares pechados para cubrir ausencias noutros servizos".

Critican que haxa preto de 60 doentes agardando atención médica nos boxes e nos corredores do hospital Xeral e que "a Xerencia non pense en reforzar os servizos que o precisan, especialmente os de Urxencias, que xa dispoñen de escasos recursos humanos en todas as categorías, nin en abrir os recursos pechados, o que aceleraría os ingresos e melloraría a atención".


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.