Miles de lucenses vense obrigados a percorrer grandes distancias para realizar cateterismos, radiarse ou para ser diagnosticados dun cancro, noutros hospitais de Galicia, xa que o novo hospital carece dos Servizos de Hemodinámica 24 horas, Radioterapia e Medicina Nuclear para tratar a pacientes con cardiopatías ou cancro.
Desde SOS consideran que Núñez Feijo enganou deliberadamente á cidadanía lucense ao prometerlles que se dotaría ao Novo Hospital con estes recursos en seis meses xa tres anos.
Adheren tamén a esixencia de dimisión da Conselleira de Sanidade por non recibir ás 200 organizacións veciñais que foron capaces de recoller máis de 5.000 formas en demanda de xustiza sanitaria.
Para rematar SOS Sanidade Pública mostra o seu rexeitamento á inaceptable a actitude do Grupo Parlamentario Popular de traizoar ás miles de persoas que subscribiron a Iniciativa Lexislativa Popular aprobada por unanimidade por todo o Parlamento en demanda destes servizos. As enmendas introducidas polo PP desvirtuan totalmente os contidos da mesma.