1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

marinbibliomunicGaliza - MVPBC-M - Recollendo as conclusións e demandas do debate organizado polo Movemento a Prol dos Bens Comúns, o pasado 19 de novembro, o Movemento Veciñal a Prol dos bens comúns de Marín vai convocar unha asemblea con asociacións, partidos e colectivos e calquera veciño e veciña que queira participar, para tratar o futuro do novo centro de saúde de Marín. Será o sábado 13 de Decembro ás 17h. na biblioteca muncipal.


A pesar dos reiterados anuncios desde diversas institucións e cargos institucionais a realidade é que as obras aínda non comezaron. Hai que lembrar que este centro está financiado con fondos FEDER procedentes da Unión Europea, un 80%, e ten un prazo obrigado de remate en Decembro de 2015. Se non se cumpren estas condicións perderíanse os cartos.

Outro atranco que pode dificultar que realización deste proxecto é a situación da empresa concesionaria, a multinacional Cofely, que está implicada na trama de corrupción da “Operación Púnica”.

A isto hai que sumarlle a liña de alta tensión que o concello quedou en soterrar, obra que tampouco está feita.

Do colectivo consideran que o pobo de Marín debe demandar dos distintos estamentos políticos e institucionais un compromiso real coas dotacións sanitarias no noso concello. O novo centro de saúde é unha necesidade urxente para dignificar a atención sanitaria en Marín, polo que as obras deben comezar canto antes. Fan un chamamento a participación nesta asemblea para, entre todos e todas, decidir as actuacións necesarias.

Asemblea sobre o futuro centro de saúde de Marín: Sábado 13 de Decembro, ás 17h na Biblioteca Municipal


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.