1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

131114 saudeGaliza - CIG - A CIG realizou unha concentración na mutua ASEPEYO para denunciar o trato "inhumano" dunha médica ao persoal de Extel.


A CIG desenvolveu unha concentración este mércores diante das oficinas da mutua ASEPEYO na Coruña para denunciar o trato dispensado por unha profesional médica desta mutua ás traballadoras e traballadores, nomeadamente ao persoal da empresa Extel, que demanda a dimisión da doutora e que se tomen as medidas adecuadas para garantir o seu dereito á saúde.

Dende a Sección Sindical da CIG en Extel indicaron que son ducias as queixas recibidas sobre o "trato inhumano" desta profesional médica que, denuncian, mantén unha actitude "déspota, prepotente, que quita importancia a enfermidades tan graves coma o cancro e mesmo que ten cualificado de 'parasitos' as traballadoras e traballadores que están enfermos/as".

Neste senso, Yolanda Martínez, delegada da CIG en Extel, apuntou que a actitude da mutua, en xeral, "sempre foi de presión co persoal que está de baixa, pero nunca tivemos este tipo de problemas até que, en abril deste ano, esta doutora pasou a atender as traballadoras e traballadores de Extel".

Esta situación foi denunciada á dirección de Extel, quen asegura que xa trasladou as queixas á mutua. Porén, até o momento non se adoptaron ningún tipo de medidas correctoras, senón que mesmo dende ASEPEYO se defende a actitude e o trato da doutora. Fronte a este inmobilismo, ao remate da concentración a Sección Sindical da CIG entregou un escrito á ASEPEYO reclamando que remedie esta problemática de xeito inmediato.

Ademais da protesta, a representación da CIG en Extel xa ten posta en marcha unha recollida de sinaturas entre todos os compañeiros e compañeiras afectadas, a quen animan a presentar queixas contra este tipo de actuacións médicas tanto na propia Mutua como diante da Seguridade Social. Tampouco se descarta levar a cuestión ao colexio médico.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.