1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

141014 vigoGaliza - CIG - CIG-Saúde reclama información, formación e medios de forma inmediata.


Persoal da sanidade pública galega concentrábase esta mañá en distintas áreas sanitarias para denunciar a escasa información, formación e medios que teñen sobre o ébola, manifestar a súa solidariedade coa traballadora contaxiada e pór en evidencia a situación de precariedade que padece a sanidade pública a consecuencia dos recortes tanto laborais, como materiais e humanos padecidos nestes últimos anos.

A principal demanda do persoal da sanidade pública galega é que se cumpra o protocolo existente para evitar o contaxio e, en consecuencia, a propagación do ébola mais tamén para minimizar os riscos existentes para a saúde laboral das e dos profesionais. A isto a CIG-Saúde engade que "os protocolos son xerais", polo que despois "ten que haber unha adaptación específica a cada centro e/ ou unidade".

A este respecto, María Xosé Abuín, secretaria nacional de CIG-Saúde, sinala que "non só é imprescindíbel que haxa este protocolo senón tamén que a propia administración controle o grao de difusión e coñecemento deste por parte dos profesionais". Algo que, segundo Abuín, non se está facendo.

Neste sentido, Lourdes García, presidenta da Comisión de Centro do Hospital Clínico do CHUS e representante da CIG, asegura que a día de hoxe hai efectivamente un protocolo na intranet do Sergas que "está incompleto e modificándose constantemente". Lembra que o pasado venres houbo unha reunión do xefe de servizo da unidade de prevención co persoal onde se tratou especificamente deste tema e onde quedou constancia do malestar e as dúbidas existentes.

Equipos de Protección Individual

Xunto a isto, a CIG-Saúde matiza que, aínda que todos/as os/as profesionais poden entrar en contacto cos/as doentes, quen ten maior risco é o persoal de Primaria e de Urxencias que deben recibir información e formación no correcto uso do EPI (Equipo de Protección Individual) apoiados por unha axeitada supervisión e cun control externo que verifique que ese uso é o previsto. "Até o momento o que hai é un grande déficit de formación de profesionais neste nivel", afirma Abuín.

O que di a lexislación ao respecto é que as e os traballadores teñen que recibir unha formación adecuada prevendo mesmo as situacións de posíbel descoido." Estariamos nun suposto de accidente de traballo onde hai unha responsabilidade da empresa de se producir ese posíbel descoido", matiza María Xosé Abuín.

Sobre isto e polo que respecta ao Hospital Clínico de Compostela, María Xosé Suárez, enfermeira de Urxencias e delegada da CIG, explicou que agora mesmo en Urxencias si dispoñen dese material, en concreto de 6 equipos. "Non é así nos PAC, porque o material non é o indicado nin o recomendado".

O que falta, en todo caso, é a formación específica sobre a colocación dos equipos. De feito, a día de hoxe, e pola información que ten a CIG-Saúde, comezaron a darse charlas de formación nas que pode participar o persoal facendo preguntas e parece que se van comezar a impartir talleres prácticos, en grupos moi reducidos, para garantir ese uso correcto dos EPI, pero de momento aínda non comezaron.

A situación é similar en todas as áreas sanitarias, nas que ou non comezou aínda a impartirse esa formación ou comezaba hoxe mesmo. De feito o persoal da UCI en Vigo denunciaba esta mañá que, casualmente, puxeran a charla á mesma hora á que estaba prevista a concentración.

Ante esta situación, Lourdes García explica que o que demanda o persoal é "que se acabe xa a improvisación, que se faga formación teórica e práctica de cómo hai que cumprir o protocolo para xa non estar improvisando e cambiando constantemente as cousas porque iso transmite unha inseguridade aos traballadores que repercute na calidade asistencial que dan".

Responsabilidade da Administración

Nas concentracións tamén se manifestou a solidariedade coa traballadora contaxiada de ébola. A este respecto, Suárez asegurou que "o que sentimos, como persoal sanitario, é indignación e impotencia. Vémonos sometidas a unhas cargas de traballo e a uns tempos de asistencia que están moi por enriba do recomendábel para a propia seguridade do persoal e para a atención a doentes e isto é ao que leva, a que cometas erros que logo aínda din que son culpa do traballador ou traballadora porque non foi abondo hábil, áxil ou non era a persoa indicada".


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.