1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (2 Votos)

111014 povoGaliza - CIG - Milhares de pessoas clamam contra os cortes e as privatizaçons que está a aplicar o PP.


Varios milleiros de persoas botáronse á rúa nesta quinta en Vigo convocados pola Xunta de Persoal do Chuvi en defesa de unha saúde pública que se atopa "gravemente doente" debido à política de cortes e privatizacións que está a aplicar o Governo do PP. Denuncian que por volta de 400 profisionais ficarám sen emprego ao deixar en maos de empresas a xestón dos servizos sanitarios e non sanitarios do cuarto hospital da cidade.

O diagnóstico dos/as profisionais é moi claro: "A sanidade pública da Área de Vigo atópase na UCI, está gravemente enferma". Así o denunciaron ao remate da manifestación convocada pola Xunta de Persoal do Chuvi e que este xoves percorreu as rúas da cidade para rexeitar as políticas de privatización que está a aplicar o Goberno do PP.

Durante a marcha, que partiu pasadas as 20.00 horas do hospital Xeral para rematar unha hora despois na Porta do Sol, as consignas máis coreadas foron "A privatización é corrupción", "Feijóo escoita Vigo está en loita", ou "Servizos públicos e de calidade". As alusións de apoio á auxiliar de enfermería infectada de Ébola tamén foron constantes durante o percorrido.

A secretaria nacional da CIG-Saúde, María Xosé Abuín, lembrou que agora comézanse a ver as consecuencias de construír o novo hospital baixo un modelo de xestión público-privado. "Primeiro privatizan os servizos non sanitarios (mantemento, lavandería, cociña), o que suporá que arredor de 400 persoas perdan o seu emprego, e despois irán a polos sanitarios, como o laboratorio central".

Neste senso, criticou que o Sergas vaia investir máis no concerto cun centro médico privado como é Povisa que na construción do novo hospital, proxecto que multiplicou os seus custes ao pasar de 400 a 1200 millóns de euros.

Dende a Xunta de Persoal do Chuvi indicaron que os principais motivos da protesta son denunciar a falta de datos sobre o proxecto do cuarto hospital e reclamar información sobre os plans do Sergas con respecto ao persoal dos servizos non sanitarios que van ser privatizados -xa que a concesionaria non contempla a subrogación. "Comezan por privatizar estes servizos, entregándolle 50 millóns anuais a unha empresa, pero detrás vén o resto".

Denuncian que a Área Sanitaria de Vigo está a servir como experimento da Xunta á hora de aplicar os recortes en materia de saúde. "Reduciron o cadro de persoal nun 14%, o que provocou que a lista de espera supere xa as 20.000 persoas". Finalmente, anunciaron que na próxima segunda realizarán concentracións às portas do Meixoeiro a partir das 11.00 horas en solidariedade coa traballadora da saúde infectada de Ébola.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.