1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

011014 saudeGaliza - CIG - Profesionais do CHUAC concentráronse para denunciar o deterioro continuado da calidade e capacidade asistencial da área sanitaria
"Se até agora se falaba de recortes e deterioro, agora temos que falar de abandono da sanidade pública".


Así de contundente se amosaba a Secretaria Comarcal da CIG-Saúde, María Seijo, na protesta que hoxe se desenvolveu diante do Hospital da Coruña para denunciar os déficits de persoal, estruturais e organizativos das Urxencias, a falta de profesionais en distintos servizos, o incremento das listas de espera, ou peche de máis de 200 camas.

Durante a concentración, convocada pola Comisión de Centro do CHUAC, a Secretaria da CIG-Saúde da Coruña defendeu, fronte as políticas austericidas do PP, que "unha boa calidade de asistencial significa empregar todos os recursos necesarios, todos/as os/as profesionais e todos os coidados dispoñíbeis para evitar o sufrimento da poboación. E iso é o que non se está a facer. Para a Xunta, as/os doentes non son persoas senón números e resultados estatísticos".

En canto á situación do Servizo de Urxencias, referiuse á sobrecarga de traballo derivada da falta de profesionais e o amoreamento de doentes nas padiolas, mentres 200 camas permanecen pechadas. Ademais denunciou o incremento "espectacular" das listas de espera para as intervencións cirúrxicas. "O servizo de neurocirurxía permaneceu pechado todo o verán e só se practicaron as intervencións urxentes; e hai pacientes agardando por unha cita para gastroscopia dende o mes de xaneiro", alertou Seijo.

A respecto das privatizacións dos servizos da sanidade pública, a responsábel sindical rexeitou que a externalización supoña aforro ningún para a administración, senón que simplemente é un negocio para as empresas adxudicatarias e un grave deterioro para a calidade asistencial. "Ou acaso as empresas privadas son ONGs?", ironizou. "Cando dan un servizo, as empresas teñen beneficios, e téñenos porque rebaixan a calidade do servizo que prestan e porque as traballadoras e traballadores que contratan están sometidas a unhas condicións laborais inferiores, con salarios baixos e contratos lixo", criticou.

Neste senso, engadiu tamén que o peche de camas, alén dos prexuízos para os/as enfermos/as, ten un impacto directo sobre o emprego. "Hai servizos con déficits graves de persoal mentres se engordan as listas de desemprego no sector sanitario e os nosos profesionais teñen que emigrar", subliñou.

Por iso, María Seijo instou tamén as/os doentes e as súas familias a denunciar a súa situación e sumarse á reivindicación dunha sanidade pública, universal, gratuíta e de calidade.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.