1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

miguelblancoGaliza - FEGADACE - A Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) dediciu recoñecer o traballo do neurólogo Miguel Blanco, director da Unidade de Ictus do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), facéndolle entrega do II Premio FEGADACE. Recibirá o galardón das mans de Clara de Sáa, condutora do programa da Radio Galega Convivir en Igualdade, e receptora do I Premio FEGADACE, no vindeiro Foro de Familias de Persoas con Dano Cerebral Adquirido (DCA), que se celebra o 25 de outubro en Santiago de Compostela.


O dano cerebral adquirido é unha discapacidade que ten como principal causa (no 78% dos casos) o ictus. Con este galardón, FEGADACE quere agradecer a implicación da Unidade de Ictus, única en Galicia, e do seu director en particular, na prestación da mellor atención a pacientes e familiares, así como a eficacia no desenvolvemento do seu traballo ao iniciar a cadea da atención ao DCA salvando as vidas que, trala alta hospitalaria, reciben rehabilitación e apoio nas asociacións membro da Federación Galega de Dano Cerebral.

Miguel Blanco vai recibir o premio no acto de clausura do III Foro de Familias de Persoas con Dano Cerebral Adquirido, que se celebra o 25 de outubro na Facultade de Psicoloxía da USC, en Santiago de Compostela. FEGADACE fará público en breve o programa do Foro, que amplifica e consolida este encontro anual de familiares. Clara de Sáa vai ser a encargada de entregar o galardón, que recibiu o ano pasado en representación do programa que conduce, Convivir en Igualdade.

O Premio FEGADACE senta as súas raíces na concesión, no I Foro de Familias (2012), de seis recoñecementos a persoas moi significadas no traballo nas súas asociacións. A Federación decidiu estender a fóra do seu círculo asociativo estes recoñecementos, premiando cada ano un axente social implicado na defensa das persoas con discapacidade en xeral, e con dano cerebral adquirido en particular.

O Foro de Familias é o evento que encabeza, en Galicia, a conmemoración do Día do Dano Cerebral Adquirido (26 de outubro). As asociacións de FEGADACE organizan actividades lúdicas e informativas en cadanseu ámbito local de actuación; estas vanse ir anunciando ao longo do mes do dano cerebral.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.