1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

030914 pontGaliza - CIG - A CIG esíxelle a Sanidade que deixe o proxecto de Monte Carrasco e faga de Montecelo o verdadeiro hospital público de Pontevedra.


Dende a central nacionalista acusan a Xunta do PP de beneficiar a determinadas empresas

A CIG-Saúde de Pontevedra vén de reclamarlle á Consellería de Sanidade que abandone o proxecto do hospital de Monte Carrasco e se comprometa na ampliación de Montecelo "para convertelo no verdadeiro hospital público e único da cidade". Dende a central nacionalista acusan a Xunta do PP de beneficiar a determinadas empresas relacionadas con personaxes que parasitan polas Administracións públicas.

A central nacionalista defende a ampliación de Montecelo, entre outras cousas, para aproveitar as inversións feitas en anteriores reformas, porque a zona que conta con todas as infraestruturas necesarias (auga, saneamento, electricidade, accesos, etc), sería necesario un menor investimento (aproximadamente 100 millóns de euros) e trátase dunha propiedade pública.

Neste senso, lamentan que se a Consellaría de Sanidade, gobernada polo Partido Popular, non se sometese a intereses privados "hoxe teriamos un hospital único e público en Pontevedra".

Ao mesmo tempo, sosteñen que a actual situación dálle a razón a todos aqueles que non aceptan o proxecto dun hospital novo en Monte Carrasco. "Xa alertabamos que a fórmula PFI escondía unha trampa, a privatización da sanidade pública como se está a demostrar co hospital de Vigo". Consideran que houbo quen se deixou levar pola propaganda do PP crendo que ían facer un novo hospital e o que fixeron foi paralizar a ampliación dun hospital público como o de Montecelo.

"Agora comezamos a coñecer o que de verdade se esconde detrás dos megaproxectos do PP para construír hospitais, xa que o Vigo non é o que nos venderon no seu día". Lembran que para poder rematar as obras houbo que rescatar economicamente varias empresas e reducir a superficie proxectada. "Como consecuencia desta decisión o hospital terá menos camas das prometidas".

Segundo indican, trátase tamén dun proxecto cheo de irregularidades, como o propio proceso de adxudicación da obra á actual concesionaria; a desaparición do informe da auditora PWC polo que a Xunta pagou 200.000 euros; ou as modificacións posteriores na UTE, xa que mentres algunhas empresas foron rescatadas ou expulsadas por insolvencia outras sumáronse sen que figuraran nos pregos do concurso.

"A isto hai que engadir recortes en persoal (varias categorías xa non aparecen no concurso de traslados), en equipamento e a eliminación dos laboratorios centrais, "o que se pode considerar a antesala da privatización deste servizo".

Finalmente, sosteñen que a información coñecida estes días segundo a cal dous empresarios confesaron á Fiscalía o amaño no concurso para a construción, explotación e mantemento do hospital de Son Espases en Baleares -mediante a fórmula de financiamento público privado (PFI) similar á utilizada para construír o novo hospital de Vigo e o proxectado para Monte Carrasco- "vén a ratificar o que dixemos dende o primeiro momento, que o PP quere facer negocio coa sanidade pública e para iso non escatima esforzos en beneficiar a determinadas empresas relacionadas con personaxes que parasitan polas Administracións públicas."


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.