1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

120814 spainGaliza - CIG - CIG-Saúde denuncia que mentres se elimina persoal da Sanidade Pública, o Goberno vai convocar 4.000 prazas de militares


Considera "obsceno" este anuncio e reclama máis investimento para garantir unha sanidade pública de calidade
Nunha nota de prensa emitida polo Ministerio de Defensa anúnciase a convocatoria no 2014 de preto de 4.000 prazas para o ingreso nas Forzas Armadas, e afírmase que esta oferta converte ao Ministerio de Defensa no "principal ofertante de emprego" do Estado español. Dende a CIG-Saúde consideran "obsceno" este anuncio, tendo en conta que desde o ano 2011 perdéronse máis de 3.000 empregos na Sanidade Pública galega.

Esta situación xa foi denunciada pola CIG-Saúde en varias ocasións, e engade que as políticas privatizadoras do PP nos gobernos da Xunta e o estado español van supoñer maior perda de postos de traballo públicos na sanidade.

Afirman desde a CIG-Saúde que "nun contexto de crise económica como a que se vive, a poboación precisa cando menos duns servizos públicos fortes que cubran as necesidades básicas (sanidade, educación, servizos sociais...)". Pola contra, argumentan, "o que está a facer o PP desde o Goberno é desmantelar estes servizos, privatizándoos e empeorando a súa calidade, mentres anuncian convocatorias de prazas para as Forzas Armadas, servizo totalmente prescindíbel, que non achega nada ao benestar da cidadanía".

Cómpre lembrar que, a través do Real Decreto 30/2011 e dos sucesivos orzamentos, o Goberno estatal conxelou a cobertura de prazas de emprego público, limitándoas ao 10% de reposición no caso de servizos esenciais como é a sanidade. "Está claro", indican desde a CIG-Saúde, "que para este Goberno é máis esencial un exército e o armamento que unha sanidade pública de calidade para toda a poboación" e por iso, afirman, "o Estado español vende armas a Israel coas que poidan asasinar en Gaza persoas indefensas, moitas delas nenos e nenas".

Desde a CIG-Saúde denuncian "o baixo talle moral dos gobernos do PP, a quen non lles importa nada a saúde da poboación; desmantelan, desinvisten e privatizan a Sanidade Pública, mentres gastan millóns en exército e armamento".

 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.