1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

210314 saudeGaliza - CIG - Considera "escandalosa" a redución de persoal que se está a producir no servizo.


A CIG-Saúde de Compostela vén de denunciar a grave situación na que se atopa o servizo de atención primaria por mor da “escandalosa” redución de persoal que se está a producir na área sanitaria. Redución que repercute negativamente na atención, mais tamén provoca unha sobrecarga de traballo no persoal sanitario que queda.

A CIG-Saúde de Compostela fai especial fincapé nas consecuencias da non cobertura de baixas ou permisos laborais de traballadores/as. Sinala que en centros de saúde onde antes existían catro enfermeiros/as para 8 medicas/os, agora quedan reducidos a un ou dous como moito.

Responsabiliza desta situación á taxa de reposición do 10% que impide a cobertura de todas as xubilacións que se van producindo, mais tamén á non cobertura dos permisos ou baixas laborais das/os profesionais e denuncia que isto está a provocar unha sobrecarga de traballo e axendas doutros compañeiros/as.

En concreto sinala que isto foi o que aconteceu o pasado martes en Fontiñas, onde durante 3 horas quedou unha única enfermeira para atender a 8 médicas/os de familia, analíticas, urxencias e demais. Unha situación que non é exclusiva deste centro de saúde, senón que se repite en centros de saúde como o de Bertamiráns ou o de Vedra, onde se deron problemas similares recentemente.

Baleirado de axendas

A CIG-Saúde de Compostela explica que ao se reducir o número de profesionais estes practicamente só poden atender ás urxencias, polo que os controis de saúde ou seguimento de doentes crónicos e toda a actividade programada quedan ou pasan a un segundo plano. “A medicina preventiva decae, cando está demostrado que é a máis efectiva a longo prazo”.

Sobrecarga de traballo

A consecuencia obvia da falta de persoal é que para garantir igual calidade na atención das/os doentes o persoal sanitario ten unha carga de traballo maior. Porén, sinala que loxicamente o seguimento de doentes non se pode facer do mesmo xeito contando cun persoal ou outro. “Chégase, en algunha ocasión, a recorrer ao persoal en formación para a realización de traballos practicamente sen supervisión”.

Isto prodúcese tamén, segundo explican, noutras categorías como os PSX, onde xa só os permisos dos profesionais ou ben quedan directamente sen cubrir, na maioría dos casos, ou ben son substituídos por persoal en contratos de media xornada, coa conseguinte merma de prestacións, pasando a cubrir unha xornada de 7 horas con outra de 3 horas e media.

Ante esta situación, a CIG-Saúde de Compostela  asegura que non se pode consentir que “por parte desta dirección e subdirección de enfermería actual se produza o desmantelamento da atención primaria como está a ocorrer. É esta actual dirección de enfermería a verdadeira executora de non dotarlle ás/aos profesionais de programas de seguimento de doentes,a  fin de manter unhas calidades de seguimento das enfermidades acordes cos criterios médicos actuais”.

Desmenten ademais as respostas dadas a estas queixas, segundo as que non se tería producido ningunha amortización. “Os feitos son os que son e pasar de 4 enfermeiros/as a 2 como ocorreu en Fontiñas ou de 2 a 1 como queren facer en Vedra, ou o centro de Bertamiráns, onde na quenda de tarde ocorre o mesmo ao quedar unha única enfermeira ao cargo e demanda dos 4 médicos do centro non é unha adecuación nin reestruturación do cadro de persoal, é simplemente eliminar a calidade asistencial mínima exixíbel”


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.