Foto - Cabanas e abrigos na parte sul do acampamento de Calais. Foto: Denise Pinesso
- Leia mais: Entrevista e galeria: Calais, a selva francesa onde os refugiados são tratados como animais
O FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN reclama a necesidade do cumprimento rigoroso dos dereitos humanos nas políticas migratorias e respecto á poboación refuxiada da UE.
Por iso denuncia o Acordo que a Unión Europea ve de asinar con Turquía, "ue contravén os máis elementais dereitos humanos e os acordos internacionais en materia de refuxio e inmigración", entre outras razóns por:
- A pesar de eliminar en teoría ás deportacións colectivas, na práctica establece un modelo de revisión de situacións individuais, que van ser tratadas de forma colectiva (senón precisaríamos miles de funcionarios traballando a tempo completo dende xa na atención ás persoas refuxiadas e moitos meses ou anos para abordar de forma sería e individualizada esta cuestión). Polo tanto unha vez máis a UE cambia a terminoloxía, pero non a realidade. "O ACORDO CON TURQUÍA SUPÓN DE FEITO DEPORTACIÓNS MASIVAS DE PERSOAS, senón, simplemente non pode funcionar",
- Por pretender “comprar” en Turquía campos de internamento destas persoas para quitarse de forma intolerable esta realidade de enriba.
O FGI denuncia un paso máis na estratexia: A expulsión que se está empezando a comunicar as ONGs de intervención nos campos de refuxiados das illas gregas , mesmo o plantexamento de ACNUR de abandoar algún deses campos, ten que ver co paso evidente que se está a realizar de converter aos campos europeos de refuxiados en campos de internamento forzado baixo control militar e/ou policial. "NON DEBEMOS PERMITIR QUE SE EXPULSE ÁS ONGS DOS CAMPOS DE REFUXIADOS, QUE DEBE DIRIXIR E XESTIONAR ACNUR, COMO GARANTÍA DE RESPECTO AOS DEREITOS HUMANOS. NON SON CAMPOS DE PRISIONEIROS", explican.