1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

260216 pasGaliza - Revista Abordagem - Na Corunha, sábado 27 de Febreiro ás 19:30h dende a Praia de Riazor ate o Obelisco


A continuación colamos o manifesto:

PASAXE SEGURA XA!
Marcha europea polos dereitos das persoas refuxiadas
Sábado 27 de Febreiro ás 19:30h dende a Praia de Riazor ate o Obelisco

O 27 de febreiro distintas organizacións e colectivos de toda Europa convocan unha “Marcha Europea polos dereitos das persoas refuxiadas” co obxectivo de esixir vías de acceso seguras ao continente para as miles de persoas que cada día vense obrigadas a cruzar o Mar Mediterráneo e outras fronteiras xogándose a vida, mentres os líderes europeos non fan nada máis que interpoñerlles obstáculos.

Queremos amosar a nosa indignación coas autoridades e gobernos europeos pola masacre que a súa política migratoria está a producir: máis de 30.000 mortes no último ano, máis de 400 no que vai do presente ano, centos de miles que fuxen das zonas de conflito, así como a desaparición de 10.000 menores, acontecimiento especialmente grave e do que esiximos o seu esclarecimento inmediato.

Nós, colectivos, partidos, sindicatos e persoas solidarias coas persoas migrantes, somos conscientes de que os nosos gobernos teñen que ver coas causas das migracións forzosas que as súas políticas imperialistas converteron en crise humanitaria. Por iso:

– Denunciamos as políticas migratorias europeas que atentan contra o dereito á vida e á libre circulación das persoas, violando os DDHH e o dereito de asilo.

– Denunciamos a guerra como método incapaz para a resolución de conflitos.

– Denunciamos o acoso e criminalización do voluntariado que se apresta a salvar as vidas que os nosos gobernos poñen en perigo.

– Denunciamos a confiscación de bens das persoas socilitantes de asilo, que lembran as prácticas da Europa nazi respecto das minorias que perseguiron.

Amosamos a nosa solidariedade con todas eses seres humanos forzados a abandoar os seus fogares por mor da guerra e doutras situacións de conflito (sociais, económicas e políticas) que sofren nos seus países de orixe. E por ilo esiximos como primeira medida a derogación do reglamento Dublín III e implementar a posibilidade de solicitar visados en embaixadas e consulados de terceiros países. Tamén esiximos con carácter urxente, o cumprimento dos acordos de acollemento adquiridos, nun prazo non superior a 15 días

Instamos á comunidade internacional para que emprenda as accións necesarias para protexer á poboación civil e previr que se cometan máis crimes de dereito internacional, incluídos crimes de guerra e de lesa humanidade.

Reclamamos que se poña fin inmediatamente ás transferencias de armas ou calquera outro tipo de apoio militar ás zonas en conflito.

Esiximos ao goberno español en funcións e a calquera outro, incluída a UE:

● Aumentar o número de persoas en acollida así como proporcionar a dotación orzamentaria que lles garantan unhas condicións de vida dignas.

● Apoiar ás persoas refuxiadas nos outros países de acollida a través da intervención directa para garantir unhas condicións de refuxio seguras e dignas.

● O despliegue dos medios de salvamento necesarios no Mar Mediterráneo e Exeo que impidan o aumento de vítimas.

● O estricto respecto dos DDHH na Fronteira Sur, así como a retirada inmediata das concertinas, o peche dos CIE e que se faga xustiza en relación aos asesinatos acontecidos na Praia do Tarajal.

Instamos á Xunta de Galicia a:

● Territorializar os servizos de atención ás persoas demandantes de asilo e en paralelo formar e/ou especializar ás persoas dos municipios en cuestión que se terán que facer cargo do apoio e a atención ás persoas solicitantes, sin detrimento da atención ao resto da poboación.

● Apoiar á Rede de Cidades Refuxio e facilitar a súa coordinación.

Urxe que o goberno español e o resto de gobernos europeos reaccionen de maneira inmediata para proporcionar atención a estas persoas e evitar que se continúen vulnerando os artigos 13 e 14 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, que recoñecen o dereito a circular libremente e o de asilo respectivamente.

O pobo galego non esquecemos o noso pasado emigrante e exiliado, e por iso esiximos o compromiso activo das autoridades, gobernos e medios de comunicación, para crear unha opinión pública afastada da xenofobia e o racismo, así como apelar a que xornalistas, historiadore/as e colectivos culturais traballen na promoción da diversidade cultural como valor a cultivar e como motivo de esperanza de futuro.

Facemos un chamamento ao pobo galego a mobilizarse para esixir unha pasaxe segura ao continente para todas as persoas migrantes coa máxima urxencia.

Pasaxe Segura Xa!


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.