Centos de miles de persoas foxen da guerra e da miseria en Siria arriscando as súas vidas coa esperanza de atopar un futuro mellor para as súas familias. Mais non debemos esquecer que estas guerras imperialistas, dende o Afganistán ate Siria, pasando por Iraq, Líbia... foron provocadas polos EUA , Israel e a UE que, como se dunha partida de xadrez se tratase, utilizaron o taboleiro de Oriente medio e Oriente próximo para acadar os seus obxectivos xeostratéxicos e seguir a expoliar os recursos (sobretodo enerxéticos) destes paises. E cal é a resposta dos gobernos diante da crise d@s refuxiad@s? Pois a mesma que antes (e agora) cos/coas inmigrantes, levantar máis valados. Pensan que con concertinas van poder frear esta abanlancha de desesperación.
Dende o Colectivo Terra queremos amosar o noso mais fondo rexeitamento á actitude que están a tomar os gobernos europeos nesta crise humanitaria que asola Europa. Mentres @s xefas/es de estado discuten sobre cotas de acollida, pensamos que a sociedade e os concellos como institucións máis cercanas, debemos dar un paso adiante e esixir unha resposta axeitada.
Por iso, propoñemos que o Concello de Potedeume ofreza o albergue de peregrinos para dar aloxamento aos refuxiados que poidan vir. Que se elabore un censo de familias acolledoras que estean dispostas a recibir persoas nas súas casas. Que se faga unha rolda con asociacións e institucións que poidan aportar ideas e traballo. Negociar co centro de FP de hostalería para que colaboren na manutención das persoas que poidamos acoller...