1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

145953830 f2b52a8e82 zGaliza - FGI - O Foro Galego de Inmigración conformado por asociacións de migrantes, entidades  e colectivos sociais, sindicatos e grupos políticos, e persoas a nivel individual, que ten como obxectivo fundamental a defensa dos dereitos das persoas migrantes en Galicia, presenta este Documento Inicial de Propostas aos recentemente constituídos concellos galegos.  Documento Inicial, porque esperamos que das conversas directas para as que nos ofrecemos como interlocutores, poidamos artellar un grupo de propostas máis amplo, potente e extenso no tempo, que éstas iniciais, acordadas na última Asemblea Anual do Foro celebrada en Lugo, precisamente o 13 de Xuño pasado.


Foto de Daniel Lobo (CCby/2.0) - As e os vendedores de rua estrangeiros foram vítimas de umha contínua caçada policial em cidades como Corunha.
 
Unha primeira cuestión fundamental, que veñen demandando dende hai moito tempo, é a extensión das prestacións, axudas e servizos públicos de benestar social ás persoas residentes nos concellos que se atopen en situación de irregularidade administrativa. A condición de veciñanza debe ser suficiente, cumprindo lóxicamente co resto de requisitos que se establezan, para poder acceder en igualdade de condicións a axudas de emerxencia, bolsas de comedor, servizos de asesoramento, bonobuses, servizos de gardería, rendas de solidariedade, etc.
 
Outra cuestión básica é a posta en marcha (teñen que poñerse , porque na actualidade non existen) de servizos públicos específicos de atención ao colectivo de persoas migrantes de cada concello, alomenos nas cidades e vilas significativas. Uns servizos amplos  e de calidade (asesoría xurídica, traballo social, axuda na xestión de documentación). As persoas migrantes, que teñen que facer e renovar periódicamente documentación complexa,  precisan uns servizos específicos que debe ofertar  o propio Concello, porque falamos de veciñanza e de cidad@s cos mesmo dereitos que o resto.
 
Unha terceira cuestión importante é o control político e cidadá das actuacións que cara ao colectivo migrante desenvolven ás policiais locais. Éstes funcionarios públicos deben estar ao servizo dos cidadáns e non deben desenvolver actividades de persecución do colectivo de persoas migrantes, que non lles competen en absoluto. Vimos de tempos que en cidades como Lugo, Santiago, A Coruña, ou Ferrol era moi común a intervención de policiais locais con persoas migrantes moitas veces de forma agresiva ou directamente violoenta, solicitando, por riba das súas competencias, información sobre a situación administrativa destas persoas. Isto derivaba de forma sistemática no traslado destas persoas ás Comisarías da Policía Nacional, insisten, "fora claramente  da súas competencias". Esas competencias  teñen que ver coa ordenación de tráfico, regulamentación de mercados e moitas outras cuestión, entre ás que non se atopa o control da situación administrativa das persoas migrantes.
 
Solicitan do FGI tamén na mesma liña, cando acabamos de coñecer que, segundo datos da propio Ministerio do Interior, no pasado ano 2014, producíronse 593 detencións en Galicia  de persoas inmigrantes con ingreso nos calabozos policiais, por cuestións relacionadas coa documentación (case dúas persoas son detidas en Galicia cada día por esta cuestión), que as novas coroporacións municipais impidan e denuncien as redadas racistas que se producen nas nosas vilas e cidades. Redadas, que segundo a propia Policia Nacional, "non se poden realizar por criterios raciais, pero que se realizan lamentablemente".
 
Por último, evitar que a Policia Local, como ten feito nestes últimos anos, serva ou colabore  na persecución dos movementos sociais e d@s activistas que loitamos pola defensa dos dereitos das persoas migrantes en Galicia”. 

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.