1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

ambulatorioroldaGaliza - ODS-Coia - No mes de outubro pechaba o vello ambulatorio de Coia. Moitas pensaban que nun barrio con tantos déficits en canto a dotacións socioculturais este vello edificio era ideal para darlle novos usos.


Os primeiros pasos que deron foi preguntar por escrito a: Goberno, Xunta e Concello polo uso que tiñan pensado darlle ao inmoble. Os meses pasaron e ningunha das tres administracións deu resposta. Polos prensa, sabemos que o edificio é da Tesorería da Seguridade Social. De posibles usos non din nada. Incluso o BNG preguntou isto mesmo no congreso, pero con igual resultado que nós.

Ante ao silencio e o medo a que o edificio fique igual de abandonado que as nosas necesidades organizáronse unhas xornadas e varias xuntanza co obxecto de explicar a situación ao barrio/cidade e pensar en comúns sobre os posibles usos do edificio.

Froito deses encontros decidiuse preguntar nos barrios de Coia e Navia a opinión que tiñan as veciñas sobre estes temas. Deste modo fixeron 200 enquisas.

Os resultados das mesmas os presentaron hoxe (02/03):

- As dotación socioculturais canto melloran a calidade de vida?
O 54% din que “bastante” e o 41% que a aumentan “moito”.

- O barrio está ben dotado en canto a infraestruturas socioculturais?
O 49% din que está “pouco” dotado e o 32% “nada” dotado.

- Necesidades que poderían ser cubertas polo antigo ambulatorio:
Nesta orde foron as respostas: Biblioteca, centro para persoas maiores, espazo para crianzas e mocidade, espazo para charlas/concertos/ensaios, etc.

Á vista dos mesmos conclúese que nos barrios de Coia e Navia, os máis cercanos ao inmoble, detéctanse moitas necesidades que levan anos sen seren cubertas polas administracións.

A participación, xunto a un tecido comunitario forte son elementos centrais para mellorar as condicións de vida da xente. Máis alá do consumo ou da “espectacularización” da ODS-Coia pensan "que a cultura pode ser un elemento que actúe a prol da cohesión social".


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.