1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

Mougas foto zona afectadaGaliza - Verdegaia - Os colectivos abaixo asinantes denuncian publicamente as agresións que sufríu recentemente un dos espazos de maior valor ecolóxico da serra da Groba: a braña do Campo do Costado, situada no nacemento do río de Mougás.


As obras, contratadas pola Comunidade de Montes de Mougás e financiadas con Fondos Europeos Feader, consistiron no peche perimetral, desbroce sistemático, subsolado e plantación dunha superficie aproximada de 30 ha. na conca alta do río Mougás, que está poboada por 5 hábitats de interese comunitario incluídos na Directiva 92/43/CE: Pendentes rochosas silíceas con vexetación casmofítica (código 8220), Ríos de piso colino a montano, con vexetación de Ranunculion fluitantis (Código 3260), Breixeiras secas europeas (código 4030), Formacións herbosas con Nardus (código 6230) e Breixeiras húmidas atlánticas con Erica ciliaris (código 4020). Estas dúas últimas coa consideración de “hábitats prioritarios” na lexislación europea.

Entre as especies afectadas figura o narciso coñecido como “mallo” (Narcissus cyclamineus), que está incluído no Catálogo galego de especies ameazadas. No lugar habitan ademais diversas especies animais pouco frecuentes na costa sur galega, como son a lebre (Lepus granatensis) e o miñato abelleiro (Pernis apivorus).

A existencia destes valores motivou que a Xunta de Galicia incluíse este espazo na súa Proposta de ampliación da Rede Natura 2000 do ano 2012, dentro do novo LIC “Serra da Groba e Monte da Valga”. Posteriormente, o abandono do proceso por parte da Administración galega deixou esta serra nunha situación de absoluta desprotección.

Entre os efectos máis graves que as entidades asinantes puideron observar sobre o terreo destacan:

  • A apertura de sulcos con maquinaria pesada dentro de dous hábitats de conservación prioritaria. O subsolado realizouse en liñas de máxima pendente, de maneira que as escorrentías producidas polas choivas están escavando zangras que ameazan con drenar e secar o humidal.
  • O peche do curso alto do río Mougás, que non respeta a preceptiva servidume de paso.
  • A expulsión dos cabalos que habitan en liberdade na serra da Groba desta importante área de pastos húmidos e abrevadeiro. O labor que realizan resulta fundamental para a preservación do humidal e das comunidades de plantas que nel medran. A exclusión dos cabalos ameaza con afectar gravemente á biodiversidade deste espazo natural, especialmente no caso das especies máis pequenas e vulnerables, como son as plantas insectívoras ou orballiñas (Drosera intermedia).
  • A transformación de carrasqueiras secas europeas (hábitat de interese comunitario 4030) en novas plantacións de piñeiros.
  • Verquido de residuos sólidos sobre o humidal (como bandexas forestais), así como o abandono de máis de 700 plantas de freixo (especie inapropiada para estes terreos) amoreadas no lugar de plantación.

Por estes motivos, esixen a restitución do espazo natural ás súas condicións anteriores, así como que a Administración analice a posible vulneración da normativa ambiental no referido á lexislación de augas e de protección de hábitats prioritarios e de especies catalogadas.

ASINAN

Colectivo Matogueira, Fontaíña, Verdegaia, Morcegos de Galicia, Amigos da Terra, Adega, Salvemos Monteferro, SOS Groba, A Ría Non Se Vende, Asociación Gallega para la Conservación de la Biodiversidad, A Terra Non Se Vende, Equo e o Clube Espeleolóxico Maúxo


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.