1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

051216 animaisGaliza - Touradas fora de Ponte Vedra - Desde Touradas fóra de Pontevedra queremos rexeitar a utilización de camelos e cabalos na cabalgata de reis organizada polo Concello no día de hoxe.


Consideramos que o uso de animais, para máis inri nun dos casos totalmente alleos ao noso medio e traidos desde non se sabe onde nin en que condicións, non é necesario nunha actividade destas características.

Hai alternativas! Isto déixao claro a recente decisión do Concello da Coruña de non utilizar animais na cabalgata de reis da cidade desde a edición deste ano. E o que vale para a cidade da Coruña tamén pode valer para a nosa.

É realmente necesario que a cabalgata de reis empregue animais? Non poden estes ser substituidos por elementos que figuren cabalos ou camelos (por pór un exemplo)? Non sería incluso máis seguro para as persoas que asisten á cabalgata que nesta non haxa animais que por calquera imprevisto se podan pór máis nerviosos do que xa estarán polo mero feito de verse rodeados de persoas, luces e música? Non se evitarían desta forma posíbeis accidentes e desgrazas?

Unha cabalgata sen o uso de animais como espectáculo significaría ademais un novo paso na demostración dunha maior sensibilidade cara os dereitos e o benestar animais despois do posicionamento contra os circos con animais aprobado recentemente e por unanimidade.

Unha maior sensibilidade por parte das institucións que servirá como exemplo positivo para conseguirmos unha maior sensibilidade por parte de todos/as nós, algo que boa falta fai se consideramos os constantes exemplos de maltrato animal que a cada pouco coñecemos a través da prensa ou ollamos na nosa realidade diaria.

Esiximos tamén que o Concello se desmarque e desautorice a triste fotografia pro-tortura feita polas persoas caracterizadas como reis magos na cabalgata municipal en apoio á “coordinadora de peñas taurinas”. Estas persoas non poden voltar a ser os reis magos nunha cabalgata. Esta é outra consecuencia dun convenio polo cal o Concello utiliza a praza de touros para atividades como a cabalgata. Deben buscarse alternativas e eliminar o convenio xa!

Pontevedra, 5 de Xaneiro de 2016


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.