1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

081215 lumesGaliza - Galiza Confidencial - Extinguido o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Chandrexa de Queixa, parroquia de Queixa. É o segundo lume importante que sufre a provincia do interior nestes días.


A Consellería do Medio Rural informa da extinción do lume rexistrado no concello ourensán de Chandrexa de Queixa, parroquia de Queixa.

O lume iniciouse onte ás 19:08 horas da tarde e quedou finalmente extinguido ás 17:05 horas desta tarde. Segundo as últimas estimacións provisionais, a superficie afectada é de 50 hectáreas de monte raso. Na súa extinción participaron 5 axentes forestais, 13 brigadas e 1 motobomba.

É o segundo lume de importancia en menos dunha semana na provincia de Ourense. O primeiro afectou a Vilariño de Conso e queimou máis de 40 hectáreas de monte raso. As inusuais temperaturas, con prolongadas secas, están favorecendo que haxa lumes en pleno outono.

A Consellería do Medio Rural e do Mar lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.