1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

excavadoraGaliza - Adega - O que ía ser a restauración dunha instalación histórica -unha vella fábrica da luz- vén de converterse nunha chafallada administrativa ateigada de actuacións ilegais con graves impactos na biodiversidade e na contorna do Miño.


Unha declaración de impacto ambiental con graves carencias e excesivamente permisiva

O treito fluvial do Miño en Castro Romai (Concello de Lugo) está declarado Zona de Especial Conservación e fai parte da Rede Natura 2000 (ZEC Parga-Ladra-Támoga) e conforma a zona núcleo da Reserva de Biosfera Terras do Miño.

Acubilla distintos tipos de hábitats de interese comunitario (códigos 3260, 3270, 6430) incluindo o 91E0* bosques aluviais, de protección prioritaria. É tamén unha área con presenza de diversas especies protexidas a nivel europeo, estatal e autonómico, entre as que destacan: Lutra lutra, Nymphoides peltata, Natrix natrix, Gasterosteus aculeatus, Unio pictorum, Potomida littoralis, Isoetes fluitans* e Margaritifera margaritifera* (estes dous últimos, o fento de río e o mexillón de río, comnsiderados en perigo de extinción); por non falar das máis de 60 especies de aves citadas na contorna.

A Declaración de Impacto Ambiental (DIA) aprobada polo Ministerio (Resolución do 20 de xullo de 2012 da Secretaría de Estado de Medio Ambiente) resulta para ADEGA totalmente inadecuada e presenta graves carencias para poder avaliar a verdadeira repercusión das obras propostas sobre un espazo tan sensíbel e multiprotexido. Este despropósito institucional traduciuse, segundo ADEGA, en:

- O caudal autorizado (18.000 l/s) resulta totalmente incompatíbel co mantemento nun estado de conservación favorábel dos compoñentes chave da biodiversidade (tipos de hábitat naturais, especies de flora e fauna silvestres) presentes no treito fluvial, así como co mantemento do estado ecolóxico das augas.

- O documento amosa graves carencias na identificación dos compoñentes da biodiversidade presente no treito do curso fluvial afectado polas obras, ninguneando a presenza dos tipos de hábitat de interese comunitario (DC 92/43/CEE) e das especies de de flora e fauna de interese comunitario (DC 92/43/CEE, DC 2009/147/CE) e protexidas pola lexislación estatal (Lei 42/2007) e autonómica (Lei 9/2001) e Decreto 88/2007.

- Inexistencia unha análise axeitada dos impactos ambientais nin das medidas de corrección e prevención, para garantir a integridade do espazo e o mantemento nun estado de conservación favorábel dos tipos de hábitat e das especies de interese para a conservación. Como consecuencia, as obras causaron unha afección negativa sobre a integridade do espazo e están a perxudicar gravemente ao equilibrio dos sistemas naturais (artigo 325 do Código Penal), ao estado de conservación dos tipos de hábitat e especies de flora e fauna silvestres (DC 92/43/CEE, DC 2009/147/CE, Lei 42/2007, Lei Orgánica 10/1995), e tamén ao propio estado ecolóxico da masa de auga (DC 2000/60/CE).

Por esta razón, ADEGA vén de dar traslado á Fiscalía ambiental do TSXG do caso para que abra as pertinentes dilixencias penais.

-As medidas de actuación e os condicionantes da execución do proxecto establecidos na DIA vulneran completamente os obxectivos e directrices de conservación deste espazo protexido establecidos na súa normativa de creación, así como no Plan Director da Rede Natura 2000 de Galiza (Decreto 37/2014).

Unhas obras que "nen sequera respectan o establecido na DIA"

Así e todo, e malia a contar cunha DIA hiper-permisiva, ADEGA di que as obras executadas dende o 14 de novembro de 2015 incumpren gravemente as condicións establecidas na Resolución do 20 de xullo de 2012 da Secretaría de Estado de Medio Ambiente: consistiron até o de agora na construción dun dique artificial 150m fóra da zona contemplada na devandita resolución, obrando ademais fóra do período autorizado, co que os impactos sobre os recursos naturais e ao medio ambiente son moito maiores.

Por estas razóns ADEGA vén de solicitar ás administracións con competencias na materia (Confederación Hidrográfica Miño-Sil e Dirección Xeral de Conservación da Natureza) a paralización inmediata das obras e a apertura dos correspondentes expedientes tendentes a garantir a integridade dos recursos naturais afectados. Comunicaron tamén os feitos á UNESCO, organismo que tutela através do programa MaB (Man and Biosphere) a Reserva da Biosfera Terras de Miño, para que inste ás administracións responsábeis a respectar os valores que xustificaron a declaración da Reserva da Biosfera.

Asemade e debido a que das obras derivouse un deterioro doloso de hábitats e especies protexidas, trasladaron o caso á Fiscalía de medio ambiente do TSXG para que abra unha investigación e depure as presuntas responsabilidades penais.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.