1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

cerna74Galiza - ADEGA - O número 74 da revista CERNA de ecoloxía e medio ambiente de Galiza amosa algunhas das ferramentas de participación social que están en vigor para a avaliación do estado de saúde da nosa biodiversidade, como o portal web “biodiversidade.eu” ou o programa SARE, de Seguimento de Anfibios e Réptiles de España.


 Ao mesmo tempo, divulga información sobre algunhas das especies animais e vexetais máis curiosas do noso medio litoral, como os tiburóns ou as macroalgas.

Xa inmersos no Cumio mundial do Clima de París, CERNA recolle dous artigos sobre cambio climático. Un deles afonda na percepción social que a sociedade galega ten do quecemento global, obxecto de estudo do proxecto Resclima que está a levar a cabo o Grupo de Investigación en Pedagoxía e Educación Ambiental da Universidade compostelá. Neste eido, tamén se dá conta dunha das últimas investigacións relativas ao quecemento global que se teñen abordado en Galiza e que atinxe á acidificación oceánica, un dos impactos máis descoñecidos da mudanza climática con serios efectos nos ecosistemas mariños.

No ámbito da enerxía é obxecto de artigo a valoración crítica que fai ADEGA ante a aprobación do Decreto de Autoconsumo do goberno de Mariano Rajoy, que deixa nunha difícil situación ás persoas e pequenas empresas que optaron pola produción e autoconsumo de enerxías renovábeis.

CERNA 74 conta tamén cunha breve análise crítica da historia dos espazos naturais protexidos no territorio galego, realizada por varios profesores de Xeografía e Ordenación do Territorio da USC. Investigadores da mesma Universidade explican tamén a situación que está a atravesar o mazarico real, unha especie en perigo. O presente número, ademais, fai unha avaliación dos dez anos do proxecto de voluntariado ambiental máis exitoso de ADEGA, Proxecto Ríos, e avanza os logros da campaña de divulgación e concienciación o bosque galego, “Cousa de Raíces”, que está de aniversario.

Completamos esta edición co apartado de Fauna e Flora de Galiza e coa crónica de Adela Figueroa e Montserrat Lombardía de ADEGA sobre a súa viaxe á India, na que entrevistaron ao seguidor de Rabindranath Tagore e fundador da Casa de Galiza hindú, Xosé Paz.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.