1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

Cartel ENCE 1030x722Galiza - Adega - Hai présa por deixar a ENCE "atada y bien atada" á ría de Pontevedra denantes do 20D. Un cambio de goberno podería paralisar a solicitude de prórroga, comprometendo o negocio da pasteira, habitual refuxio de políticos do PP xa amortizados.


Informe favorábel da Xunta á pasteira: era visto

Logo de que en 2013 a Xunta concedera a Autorización Ambientai Integrada (AAI) á pasteira, cunha validez de 4 anos, ficou claro que para o PP a permanencia de ENCE na ría de Pontevedra era algo vital. Malia a que coa boca pequena o daquela conselleiro Agustín Hernández insistía en que ENCE tiña que abandonar Lourizán denantes do remate da prórroga (2018), ficaba claro que non era este o horizonte temporal no que o PP estaba a pensar.

Para iso, introduciron modificacións chave na Lei de Costas para ampliar as concesións e os dereitos de explotación de 30 a 75 anos, trasladando o centro de decisión ao estado e ficando a Xunta como mera comparsa: o informe preceitivo do órgano autonómico para conceder a prórroga sería "determinante" mais non "vinculante". Dixera o que dixera a Xunta, o ministerio de medio ambiente -fornecedor de cargos para o consello de administración de ENCE, e.g. Isabel Tocino- é quen resolve.

Polo que atinxe á Xunta, non lle queda outra que ver en calidade de convidada de pedra, como dende Madrid fan e desfán nas nosas costas modificando servidumes, ampliando concesións e en definitiva, desprotexendo un dos litorais máis biodiversos e produtivos do mundo.

O seu papel baixo o goberno do PP variou dende a firmeza impostada "ENCE terá que cumprir a lei e abandonar a actual ubicación denantes do remate da prórroga" obrigada polo imperativo legal; á complicidade pouco disimulada coa pasteira despois de que a modificación da lei de Costas déralle azos á empresa.

Finalmente, hai uns días a Xunta enviou a Madrid o seu informe sobre a solicitude de prórroga, que como non podía ser doutro xeito e en coerencia co permiso ambiental (AAI) concedido en 2013, é favorábel. Malia a que a última palabra tena o estado, resultaría moi difícil non incomodar á pasteira cun informe negativo para "quedar ben" coa sociedade galega, habida conta de que ENCE adoita ser plácido retiro alén de ex-ministras, tamén de conselleiros (Carlos Del Álamo, casualmente de medio ambiente).

Recuperar a capacidade de decisión e as competencias sobre as nosas costas

Tras de todo este noxento culebrón político-administrativo, dos intereses económicos e das portas xiratorias, emerxe unha cuestión chave sobre a que case sempre se evita debater: a necesidade de xestionarmos dende Galiza, con plenas competencias, o noso litoral. Para alén das augas interiores e contrariamente ao que acontece co noso vento e cos nosos ríos (non todos, por certo) as competencias da Xunta rematan na liña de costa.

O debate sobre as competencias na xestión da nosa costa adoita estar viciado de argumentos chauvinistas: que se o estado defende millor os intereses xerais, que é preciso unha xestión coerente de todo o litoral, mesmo que a Xunta faríao moito pior... Todas e cada unha destas consideracións véñense abaixo fronte á realidade: a modificación partidista da lei de Costas acometida polo PP dinamitou o interese xeral, consolidando a arbitrariedade e facilitando a enaxenación da costa aos intereses económicos privados.

ADEGA leva reivindicando a soberanía galega sobre as nosas costas moitos anos, para que entre outras cousas, non nos impoñan dende fóra nucleares, celulosas ou teñamos que pedir permisos e medios a políticos mesetarios para combater as recorrentes mareas negras.
Agora diante deste novo periodo electoral, ADEGA traslada aos diferentes partidos, coalicións e agrupacións eleitorais que concorren a necesidade de reclamar a plena capacidade de decisión de Galiza sobre as súas costas e, como compromiso urxente, a necesidade de derrogar as modificacións introducidas polo PP na lei de Costas, principal apoio para a permanencia da celulosa na ría de Pontevedra.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.