1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

EspeciesExoticasGaliza - Adega - O vindeiro sábado 28 de novembro celebrarase unha xornada divulgativa sobre “Especies invasoras e a participación social” no museo Domus da cidade da Coruña. Esta actividade enmárcase no proxecto “Rede de voluntariado ambiental para a eliminación de especies invasoras en ecosistemas acuáticos”, que conta co apoio do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, a través da Fundación Biodiversidad, alén de contar co apoio da concellería de Medio Ambiente do Concello da Coruña.


A xornada durará todo o día e haberá espazo para que diferentes persoas de Galiza, Portugal e Cantabria dialoguen e debatan a cerca dunha problemática ambiental que hoxe en día está a ser  a ser a responsable da perda da biodiversidade mundial. 

As especies invasoras son unha grande ameaza para a natureza que dun xeito silandeiro van desprazando e extinguindo a especies da nosa fauna e flora. Porén este grave problema é descoñecido pola meirande parte da cidadanía, que convive diariamente con estas especies foráneas e que moitas veces axuda de xeito inintencionado á súa dispersión.

A xornada será un lugar de encontro para diferentes expertos no mundo da investigación, da divulgación, do voluntariado e da custodia do territorio en torno a estas especies.

De mañá logo do acto inaugural, haberá unha ponencia marco sobre a percepción social desta problemática ambiental. A seguir nunha mesa redonda, diferentes científicos de universidades galegas e técnicos da Administración falarán da investigación e xestión destas especies.

Pola tarde a primeira mesa redonda versará sobre a divulgación destas especies e a percepción da cidadanía. Para rematar terá lugar unha última mesa de experiencias sobre as actividades de voluntariado ambiental e custodia do territorio na loita contra as bioinvasións.

A xornada é gratuíta e está aberta a todo o público. Para participar é preciso inscribirse a través de Adega.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.