1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

4793019651 ce79557b0f z 1Galiza - Sibgal - O día 18 de outubro do presente ano, no parque comarcal de Chantada xestionado pola empresa Natutecnia (a través da UTE HASA-NATUTECNIA) tivo lugar un novo incumprimento dos servizos mínimos, segundo Sibgal.


Foto de Elentir (CC by-sa/2.0)

A administración  estableceu, para aquela folga, uns servizos mínimos  de tres efectivos. Neste caso, a dotación de bombeiros para o  parque de comarcal de Chantada, estivo case catro horas integrada por tan son dous bombeiros. Cabe destacar  da servizo a 9 concellos e 35.000 habitantes.

Dicimos novo incumprimento, porque non e a primeira vez que esta empresa, concretamente é a segunda vez que acontece neste parque, desatenden temerariamente una obriga fundamental para este servizo básico, como é o mantemento dos servizos mínimos. O anterior incumprimento prodúcese o 24 de febreiro do pasado ano, feito do que informamos no seu momento:

Un bombeiro para 35.000 habitantes

Dicimos que este incumprimento e temerario, porque no caso da intervención de bombeiros en emerxencias, unha saída de tan só dous efectivos é cando menos iso, temeraria. Si ha que entrar nunha vivenda incendiada ¿Quen agarda for a como seguridade? Si hai que rescatar a unha vítima accidentada nun barranco ¿como a sobes con seguridade? ¿ e se xurde outro incidente  nese momento? Non hai seguridade para as vítimas e non hai seguridade para os bombeiros.

Queda claro que unha dotación de 3 bombeiros e totalmente insuficiente para atender os sinistros con garantías, pero iso e outra loita.

Ademais dáse a circunstancia de que o pliego de condicións firmado por esta empresa estipula a súa vez una dotación mínima de 3 persoas:

8.- MEDIOS HUMANOS

...

8.2.- Ejecución, turnos, retribuciones mínimas:

- Por turno de trabajo debe haber 3 (tres) personas, una de ellas jefe de turno- conductor, dotación mínima de personal que se deberá respetar todos los días del año durante las 24 horas del día.

...

8.3.- Relevo del personal: la empresa deberá garantizar, en todo momento y circunstancias, la cobertura de estos mínimos con personal propio con una formación semejante a la del personal a sustituir.

Estas situacións son endémicas de este tipo de sistemas privatizados. As empresas concesionarias son maximizadoras de beneficios, polo tanto minimizadoras de eficacia e seguridade. A Xunta e as Deputacións entregan a empresas o servizo de emerxencias, as cales o prestan poñendo en perigo a profesionais e cidadáns.

Da Sibgal consideran "estes reiterados incumprimentos dos servizos mínimos e do pliego de condicións como moi graves".

O comité de folga procederá a poñer en coñecemento dos feitos ó Consorcio de emerxencias de Lugo e a propia Deputación de Lugo. Tamén procederase a formalizar unha denuncia máis na inspección de traballo ¿Cantas máis serán necesarias hasta que teñamos un servizo digno? ¿Será necesario que aconteza unha grave desgracia para que nos lamentemos todos de non haber cambiado esta grave situación?

Da Sibgal cren que estes incumprimentos posibilitan un rescate sen penalización para a administración, pois non se cumple nin o contrato nin a legalidade. Entenden que o rescate é unha cuestión de vontade política: "É hora de que a administración se responsabilice das emerxencias de Galicia".


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.