1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

ambulatoriodecoiaGaliza - ODS Coia - Este sábado 7 de novembro do ODS Coia teñen o pracer de convidar a toda a veciñanza do barrio e da cidade á xornada: “Ambulatorio de Coia. Un espazo, novos usos". Nela reflexionarán e intercambiarán experiencias sobre outros modos de construír e compartir espazos dende o común, coa xente e para a xente. Será nos locais da parroquia do “Cristo da Vitoria” na rúa Baiona 9 en Coia (Vigo).


Propoñen dúas actividades para favorecer unha reflexión colectiva sobre os futuros posibles deste espazo que ficou abandonado coa apertura do Hospital Álvaro Cunqueiro:

16:30 -  Documental: “Com un Gegant invisible. Can Batlló i les Ciutats Imaginàries”

Unha reflexión crítica á cidade contemporánea a través dos procesos de transformación acontecidos en Can Batlló, así como da evolución do Modelo Barcelona. Can Batlló é un recinto pendente de transformación, obxecto de reivindicación e loita veciñal dende fai moitos anos, atopándose agora nun proceso de apropiación por parte da cidadanía. A través deste proceso de recuperación, o documental pregúntase sobre cales son as regras do xogo, os actores, os intereses e estratexias que ditaron as transformacións urbanas na Barcelona dos últimos trinta anos e que levaron á situación actual: ao Can Batlló da propiedade privada fronte ao Can Batlló da xente. Partindo desta base, o documentario reflexiona sobre o futuro e sobre as outras Barcelonas posíbeis, sobre todo nesas cidades que aínda nos quedan por imaxinar.

17:45 – Faladoiro: “Vellas necesidades, novos usos para o edificio do ambulatorio”

Décadas de loita da veciñanza deron forma ao barrio de Coia. O polígono nacía sen os servizos mínimos para acoller as miles de persoas que dende Madrid eran vistas só como man de obra. Dende o comezo a veciñanza organizada loitou por unha rede de sumidoiros, por semáforos que controlaran o tráfico, por escolas, por A Bouza como espazo verde... Moitas conquistas que non agochan as deficiencias que aínda hoxe padecen.

Durante anos a loita por conseguir un centro cultural para o barrio foi central para asociacións e veciñas. Atrancos administrativos pero sobre todo falta de vontade política impediron que aínda hoxe este barrio fique sen unha gran infraestrutura sociocultural.

Porén, a apertura do Álvaro Cunqueiro ofrece unha oportunidade. O vello ambulatorio da rúa Porriño fica sen uso e algunhas soñan en recuperalo para a xente e dar resposta ás vellas necesidades en materia sociocultural.

Xuntárense e falar. Con esa idea propoñen un faladoiro que quere mirar para o pasado cos seus anos de loita e tamén para o futuro da man de experiencias que poden dar ideas de como facer do ambulatorio un espazo para a xente.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.