1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

cartel fios fora copia-001Galiza - Fios Fora - Por moi finos que sexan, detrás de todos os fíos que nos rodean hai historias. As mulleres galegas que traballaron no sector téxtil dende os 60 foron a man de obra perfecta e cautiva para erguer unha industria xigante que agora se atopa deslocalizada. Este documental fai un novelo do sector téxtil aquí e fóra, antes e agora. A historia repítese nos fíos doutros lugares, nos nós deste sistema.


Con esta sinopse, AMARANTE Setem e a Campaña Roupa Limpa queren presentaro seu documental “Fíos Fora, historias de obreiras, entre costuras e patróns”, que dende as conversas de moitas persoas protagonistas narra o que foi o sector do téxtil galego dende seus nacementos ata a súa deslocalización e o impacto deste modelo industrial.

Illa Bufarda foi a produtora creativa encargada de levar a cabo esta longametraxe documental diversa en voces e protagonistas, onde participaron ex traballadoras do téxtil en Galicia, personaxes vencellados ó sector empresarial e aos talleres e traballadoras do téxtil en Marrocos, entre outras moitas.

Este documental, que estará dispoñible en galego, castelán e inglés queren que sexa unha porta aberta ao debate. Fálase moito dos grandes beneficios desta industria pero pouco dos milleiros de traballadoras que o fan posible e en que condicións o fan.

Realizarán a súa estrea Internacional en A Coruña, cidade e provincia con gran referencia no sector industrial e outra en Pontevedra, sede da organización.

O documental estará presente en varios festivais cinematográficos e está previsto realizar máis proxeccións ó longo do territorio galego, noutras cidades do estado español e a nivel internacional.

A continuación a axenda das datas e programación prevista para o mes de novembro que continuará nos vindeiros meses por máis cidades e vilas.

Estrea Internacional na Coruña:

Centro do Auditorio Ágora: Xoves 12 de Novembro ás 19:45h

Actuación de Mónica Nut, proxección de Fíos Fóra e coloquio aberto coas traballadoras protagonistas, Amarante e Illa Bufarda.

Segunda Estrea en Pontevedra:

Teatro Principal: Venres 13 de Novembro ás 20:00

Proxección de Fíos Fóra e coloquio aberto coas traballadoras protagonistas, Amarante e Illa Bufarda.

En canto aos festivais, presentase nos seguintes:

Cine Europa en Santiago (con datas pendentes de confirmación)

OUFF-Ourense Film Festival: Mércores 18 de Novembro ás 20:30h.

Nestes enlaces podedes consultar toda información sobre o documental:

Páxina Web Oficial Fíos Fóra

Páxina Facebook Oficial Fíos Fóra

O documental culmina un proxecto de 3 anos adicado a formación e sensibilización sobre a feminización da pobreza no sector téxtil, a denuncia sobre as condicións de explotación das traballadoras e as alternativas para un consumo responsable de roupa. Este traballo foi financiado pola Subdirección Xeral de Cooperación Exterior da Xunta de Galicia e a UE.

Amarante Setem é unha asociación galega que traballa no eido da educación, o consumo responsable e a economía social. Fai campañas de sensibilización e incidencia política e forma parte da Rede Internacional Roupa Limpa dende hai 10 anos.

Roupa Limpa é unha rede internacional presente en 16 países europeos que traballa en rede con 200 organizacións para dar voz as traballadoras da confección global e mellorar as súas condicións laborais e de vida.

Illa Bufarda é unha produtora integrada por dúas profesionais do sector audiovisual, Sabela Iglesias e Adriana P.Villanueva. Dende o ano 2012 traballan como proxecto cultural sensible e comprometido coa promoción e a divulgación da cultura dende un eido ben definido: a linguaxe audiovisual.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.