1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

210982095 e31bd441ff oGaliza - MIBG - A Mesa Intersindical de Bombeiros de Galicia ven de reunirse cos distintos grupos presentes nas Deputacións resultantes do 24M, e reitera a súa solicitude de ser recibidos polas correspondentes Presidencias.


Foto de  Javier (CC by-nc-nd/2.0/) - Um bombeiro em Paços de Borbém.

Ao longo do presente ano, dende a Mesa Intersindical de Bombeiros de Galicia teñen "levado a cabo distintas accións encamiñadas a conseguir poñer remedio á actual situación de descoordinación do sistema de emerxencias de Galicia e da miríada de servizos profesionais heteroxéneos, entidades, agrupacións e entes de nova creación que teñen encomendado garantir a seguridade e integridade das persoas e os seus bens". Queren lembrar que o pasado 12 de febreiro presentaron dende a mesma MIB unha proposta de Regulamento de Bombeiros, tal e como a Lei 5/2007 de Emerxencias de Galicia recollía que debera estar feito no prazo dun ano dende a súa publicación, e solicitado a apertura de negociación deste para poder avanzar na homoxeneización e o regulamento do servizo en toda Galicia. Con motivo da manifestación levada a cabo o pasado 15 de maio, tamén solicitaron reunirense co propio Director Xeral, Luís Menor, para expoñerlle as eivas do actual sistema e ofrecerlle a colaboración tanto do colectivo de bombeiros como dos sindicatos que os representan, sen que dita reunión se tivera levado a cabo.

Entenden que "a xestión de emerxencias de Galicia sofre de graves problemas que teñen a súa base principalmente tanto no propio modelo de xestión indirecta, introducido no servizo fai algo mais dunha década, como do non desenrolo da citada Lei 5/2007", e por iso impulsan e seguiremos a traballar para conseguir un servizo público, homoxéneo e igualitario de atención ás emerxencias para toda a poboación galega.

Como resultado do cambio político acontecido en distintos concellos e Deputacións tralas eleccións do 24 de maio, e tendo en conta que o modelo se sustenta en boa parte nas propias Deputacións a través dos respectivos Consorcios de Extinción de Incendios e Salvamento, solicitan reunirense "cos distintos grupos políticos e agrupacións cidadás que accederon ás deputacións", así como ás Presidencias das catro Deputacións, para expoñerlles a situación, os problemas que esta xera, e as posibilidades que se abren para achegarnos ao obxectivo dun servizo realmente eficiente, igualitario e público.

Durante os pasados meses de xullo e agosto levaron a cabo reunións con representantes de BNG, PSdeG-PSOE, EU, ANOVA, Marea Atlántica, Compostela Aberta, Alternativa dos Veciños, Marea de Vigo, Democracia Ourensana, así como membros dalgunha das organizacións citadas que a titulo particular, e por entendelo un tema fundamental, quixeron achegarse para coñecer de primeira man a situación.

"Tódalas organizacións citadas coincidiron en recoñecer que o sistema actual efectivamente ten graves problemas e non é efectivo, e que é evidente que require unha remodelación e reestruturación que nos achegue a un modelo de xestión pública, coordinado e igual para todo o territorio. Todas elas se comprometeron a impulsar e apoiar medidas nas respectivas Deputacións que nos fagan avanzar nese camiño, en moitos dos casos co compromiso firme de aproveitar a situación para dar un cambio que erradique dunha vez a mercantilización da xestión da seguridade, e a recuperación da xestión pública".

Agradecen polo tanto a recepción e acollida das propostas, pero queren lembrar que aínda quedan pendentes as reunións coas Presidencias das diferentes Deputacións, e que será preciso que de ditas reunións saian non só compromisos, senón decisións e actos claros que marquen un cambio na folla de ruta da xestión das emerxencias, que nos acheguen aos conceptos de homoxeneización e coordinación que a Lei de Emerxencias esixe que fosen cumpridas dende fai xa mais de cinco anos.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.