1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

pilharadunasGaliza - Adega - Venres 9 de outubro.


ADEGA organiza unha xornada sobre a píllara das dunas o próximo 9 de outubro. A xornada celebrarase no Centro de visitantes do Parque Nacional Illas Atlánticas de Galicia na cidade de Vigo. A actividade organízase coa colaboración da Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente Territorio e Infraestrutura. 

A píllara das dunas (Charadrius alexandrinus) é unha especie limícola que vive nalgunhas praias de Galicia. Este pequeno paxaro é unha das especies ameazadas que temos no noso País. Hoxe en día quedan poucas parellas nas nosas praias que requiren a nosa máxima atención, xa que a conservación da biodiversidade é unha tarefa de toda a cidadanía. 

As principais ameazas desta especie son: a destrución do seu hábitat, a depredación dos niños, as limpezas mecánicas das praias, molestias por persoas ou cans, circulación de vehículos e algunhas actividades deportivas nos areais. 

As xornadas serán un punto de encontro para expertos e aficionados na conservación da avifauna galega, e desta especie en particular, así como usuarios dos areais, xestores destes espazos, educadores ambientais, e calquera persoa interesada no tema.

Durante a mañá haberá unha serie de charlas a cargo da Dirección Xeral de conservación da Natureza, onde se comentará o estado do Plan de conservación da especie. A seguir haberá unha charla por parte de expertos na especie da Universidade de Santiago de Compostela. Logo do descanso diversas entidades galegas falarán dos seus proxectos centrados na conservación desta especie ao longo da costa galega e norte de Portugal. 

Pola tarde haberá unha mesa redonda, co encontro de distintos actores involucrados no uso, xestión e conservación das praias de Galiza. 

A xornada pretende chegar a un acordo entre as diversas partes involucradas na conservación da píllara das dunas, e propoñer medidas que garantan a conservación desta especie ameazada en Galicia, para que sexan executadas nun futuro próximo. 

A xornada é gratuíta e está aberta a todo o público. Para participar é preciso enviar a ficha de inscrición cuberta ao correosilvia@adega.gal, ou chamando ao 
tlf. 981 57 00 99 (horario de mañá)

Programa das xornadas

10:00 Presentación 

Virginia Rodríguez.  Presidenta ADEGA 
José Antonio Fernández. Director PNIAG 
Verónica Tellado. Directora Xeral Conservación da Natureza   

10:45 Situación do plan de conservación da píllara das dunas 

Vicente Piorno. Veterinario e técnico da DXCN. 

11:30 Plan de conservación da píllara das dunas  

María José Vidal. USC 

12:15 Descanso 

12:45 Iniciativas para a conservación da píllara en Galiza  (Modera SGO) 

Agustín Ferreira. Anabam 
Encarna González. SEO Birdlife – Pontevedra 
Alberto Monteagudo. GN Hábitat - Grupo anelamento píllara 
Ramsés Pérez. ADEGA   

14:00 COMIDA 

16:30 Mesa redonda (Modera ADEGA) 

Jesús Santamarina. Xefe do Servizo da Biodiversidade. DXCN                     
Óscar Rivas. Presidente da SGO                 
Juan Latorre. Marea Kite School                 
Ángeles Domínguez. Concelleira de Medio Ambiento do Grove 

18:30 Remate


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.