1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

vespaGaliza - Adega - ADEGA alerta dos danos que están a sofrer os niños da nosa vespa autóctona (Vespa crabro) ao seren confundidos cos da vespa asiática (Vespa velutina). A presenza da vespa galega é un mecanismo de control natural da invasora asiática, coa que compite.


A loita contra a rápida extensión da vespa asiática en Galiza, que xa está presente en moitos concellos costeiros de Lugo, A Coruña e Pontevedra e avanza cara o interior, estase a cobrar unha vítima colateral. Trátase da vespa galega, moitos de cuxos niños están a ser destruidos confundidos cos da velutina, malia a existiren claras diferenzas.

Dende as asociacións apícolas, concellos e administración tense editado diverso material informativo (folleto Xuntafolleto AAG) para distinguir e actuar en caso de atopármonos fronte a un niño de vespas. Malia aos retrasos e eivas denunciadas na xestión do problema (retrasos na retirada de niños, escaso persoal técnico e medidas de contención), é importante respectar os protocolos de actuación coa velutina para non perxudicar á nosa biodiversidade autóctona.

A vespa galega, coa que levamos convivindo milleiros de anos, compite polo territorio coa velutina, de xeito que se perxudicamos á primeira facilitamos a extensión da invasora ao eliminarmos o seu inimigo natural.

ADEGA reclama das administracións máis medios materiais e persoal para loitar contrra a invasión da vespa asiática, como esixíu o sector apícola. Mais tamén cómpre ter coidado na aplicación das medidas de control e erradicación e identificar correctamente á invasora. "Non queremos que a nosa vespa autóctona, e por extensión as abellas e outros insectos polinizadores, sufran aínda máis danos que os que xa está a producir a velutina".


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.