1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

736736Galiza - Corunha.info - Sexta-feira, 2 outubro 2015, às 20h. Praça de Maria Pita da Corunha.


A "MASA CRÍTICA" (MC) é un evento ciclista de participación aberta, non competitivo e non comercial celebrado en cerca de catrocentas cidades diferentes (polo xeral un venres e con carácter mensual); conformando así unmovemento social a escala planetaria cuxo activismo cultural se centra na mobilidade e promove a bicicleta como tecnoloxía lúdica e alternativa á degradación medioambiental, as desigualdades sociais e as patoloxías que provocan as políticas do todo para o coche privado.

A primeira MC da historia celebrouse en San Francisco en setembro de 1992 e xa desde aqueles primeiros anos comezou a extenderse a outras cidades e vilas1.*

A MC na Coruña:

Na Coruña a MC celébrase cada primeiro venres de mes ininterrompidamente desde novembro do 2005. Ás 20:00h reúnense na Praza de María Pita para partir nun paseo colectivo no que combinan elementos festivos e reivindicativos (unha mistura de festa na rúa e bicifestación).

Ademais das bicicletadas mensuais, xs activistas da MC da Coruña organizan outro evento anual; as 12 horas en bici, e outros máis puntuais como estudios comparativos dos medios de transporte na cidade. Participan tamén das sucesivas edicións daMC Galega (na que ao final de cada verán nos xuntamos as MMCC das diferentes cidades galegas) e ata dalgunha MC interplanetaria!

A MC é un movemento cun forte carácter inclusivo, descentralizado e horizontal. O que significa que non existe un centro organizativo nin xerarquía ou discriminación entre xs activistas e calquera persoa pode participar a todos os niveis; propoñendo temas ou rutas para cada bicicletada e involucrándose en calquera das deliberacións colectivas.

Se queres participar ou saber máis, podes visitar tamén na internet o sitehttp://bicis.info/foro

1 Este proceso de xénese e internacionalización do movemento recóllese no documental We are Traffic! (1999) de Ted White, cuxo outro documental Return of the Scorchers (1992) tivo un papel incidental no mesmo, xa que foi de onde se tomou o nome de MC. Ambos -e os seus respectivos subtítulos- son fácilmente localizables para libre descarga na internet. Tamén é de interese o libro Critical Mass: Bicycling's Defiant Celebration, Chris Carlsson (ed.), AK Press, Oakland, 2002.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.