1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

8569742690 a65f966434 zGaliza - DdL/DL - O vindeiro xoves 1 de outubro a partires das 20:30 h. en O Lar do Queixa (Heraclio Botana, 6, Vigo) terá lugar a primeira actividade de celebración do X Aniversario dos censos de aves acuáticas da Asociación Fontaíña. Trátase da palestra sobre a Rede de observación de Aves e Mamíferos mariños (RAM:http://redavesmarinas.blogspot.com) que será impartida por Xulio Valeiras, coordenador da RAM no norte da Península Ibérica, Portugal, Canarias e Madeira.


Foto de Manuel (CC by/2.0/)

Xa o sábado 3 de outubro pola mañá (de 9 a 12 h.) e para festexar o Día das Aves realizarase unha actividade da RAM en Cabo Silleiro (Baiona) organizada por Xulio Valeiras e para a cal o lugar de encontro será a E.D.A.R. de Cabo Silleiro ás 9 h. Para esta actividade cómpre apuntarse enviando un correo electrónico a diegodalimia@gmail.com indicando o número de teléfono e se se dispón de prismáticos ou non (de non telos facilitarán uns). O número de prazas é limitado.

As actividades de celebración continuarán ó longo de todo o outono como podedes ver na listaxe que vén a continuación. Colgarase información en detalle de cada unha no blog: http//: fontainhavigo.blogspot.com

2005-2015 - X Aniversario dos censos de aves acuáticas da Asociación Fontaíña

Palestras (xoves ás 20:30 h. en O Lar do Queixa, Heraclio Botana 6, Vigo) e actividades de observación de aves

Xoves 1-10-15: Rede de observación de Aves e Mamíferos mariños (RAM). Xulio Valeiras (RAM)

Sábado 3-10-15: celebración do Día das Aves realizando a RAM en Cabo Silleiro (9-12 h.) (Inscripción obrigatoria)

Xoves 22-10-15: Aves urbanas: a súa importancia e conservación. Gustavo Ferreiro & Encarna González (Sociedade Española de Ornitoloxía)

Xoves 5-11-15: Presentación en Vigo do libro “Cuándo ver aves en Galicia”. Antonio Sandoval & Cosme Damián Romay

14-11: roteiro pola praia da Xunqueira, Moaña. Saída ás 9:15 h. da estación marítima de Vigo (Inscripción obrigatoria)

Xoves 19-11-15: Censos de aves invernantes en Galicia. Membro da SGHN: Sociedade Galega de Historia Natural

Xoves 3-12-15: Grupo de Anelamento Anduriña: estacións de esforzo constante e programa de anelamento de aves limícolas. Antonio F. Cordeiro (Grupo de Anelamento Anduriña)

Xoves 17-12-15: Observación de aves no esteiro do Miño. Membro de Anabam: Asociación Naturalista do Baixo Miño

Sábado 19-12-15: roteiro polo esteiro do Miño, A Guarda. Saída ás 10:15 h. da estación de autobuses de Vigo (Inscripción obrigatoria)


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.