Galiza - CIG - As organizacións sindicais con representación nos diferentes comités de empresa da Consellería do Medio Rural e do Mar, solicitan no mes de xullo, a apertura dunha mesa de negociación para abordar problemas moi urxentes dentro do Servizo de Protección e Defensa Contra Incendios Forestais (SPDCIF). Despois dun verán espectacular en canto ao número de hectáreas arrasadas, aínda non tivemos resposta da consellería.
Foto do Diário Liberdade (arquivo) - Mobilizaçom de pessoal de luita contra os incêndios em Compostela.
Polo tanto, e ante a actitude pasiva da Consellería do Medio Rural e do Mar, vense na obriga de mobilizarense para que tome conciencia da importancia deste servizo para a sociedade. Para presentar polo miúdo as mobilizacións que co lema “Un mal modelo-Unha mala campaña” van levar a cabo, convidan os medios a asistir a unha roda de prensa que celebraán o día 30 de setembro de 2015 ás 11:00 h nos locais da CIG en Santiago de Compostela (Rúa Miguel Ferro Caaveiro 10 - 1o).
Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.