1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

c973b886461c662288f5b0aae37d407aGaliza - Corunha.info - reCiclos é umha garagem para ajustar e arranjar bicicletas na Corunha. Agora abre às segundas e sextas-feiras.


Non comercial, porque non merca nin vende bicis nin material, non cobra polo traballo e non axuda a reparar bicis para que se vendan senón para que se usen. Autoxestionado, porque o organizan as e os participantes directamente, falando as cousas mentres traballan no taller e na asamblea aberta que fan unha vez ó mes.

Non dependen de institución ningunha nin son un negocio nin unha ONG. Ninguén cobra por traballar no taller nin reciben subvencións. As ferramentas e o material proceden da reciclaxe e doazóns, e teñen un bote para repoñer o que se vai usando, como graxa, aceite e talco, e máis para axudar co aluguer do local.

Non dan bicicletas, así que hai que levar a bici propia.

HORARIO E TURNOS

O taller está aberto os luns e venres de 18:00 a 20:45.

Os turnos repártense ás 18:00 por orde de chegada e vanse atendendo segundo se van amañando as bicis.

Aténdese ás persoas de unha e unha, unha por cada mecánico. Non queda máis remedio que agardar fóra do local a que un mecánico saia á porta e diga que pase o seguinte!

Deixan de dar turnos ás 20:00. As 20:45 recollemos entre tod@s e ás 21:00 marchamos.

QUEN ARRANXA AS BICIS?

As bicis repáraas un mesm@ coa axuda da xente do taller.

FERRAMENTAS

Canto mellor se usen máis durarán, así que, si non se ten claro cómo usalas, mellor preguntar á xente do taller.

Úsanse no taller, non se levan para casa. "No taller están sempre á túa disposición e á de moita outra xente todos os luns, e non van estar mellor noutro sitio" - explican.

PEZAS

As pezas e o material están disponibles para as bicis que aw arranxan no taller. Non se poden levar pezas para casa, hai que traer a bici ó taller.

Si no taller non hai algunha peza que se necesite, haberá que mercala nunha tenda ou probar sorte outro día.

VIDA NO TALLER

Respetar a xente do taller e non a agobiar é unha das normas. "Para que tod@s esteamosmod@s debemos ser respetuos@s co resto da xente que veña, así que nos aforraremos comentarios racistas, homófobos, sexistas ou molestos de calquera tipo", afirman do taller.

O taller manténse entre tod@s, así que, cando aa bici estea lista, hai que pór no seu sitio todas as ferramentas usadas, tirar ó lixo o que non sirva e deixar limpo o sitio.

COLABORAR E PARTICIPAR NO TALLER

Do taller animan a aprender mecánica e axudar a outra xente coas súas bicis, calquera luns e sen compromiso.

Unha vez ó mes fan unha asamblea aberta, xuntanza onde plantean e tentan resolver os problemas do taller, e poñer en común ideas novas. Na asamblea fálase e discútese ata que se chega a unha conclusión que gusta a tod@s, sen votar.

O primeiro e terceiro mércores de cada mes faise o mércores de limpeza.: "Vimos a Reciclos para fregar o local e ordenar o taller. Toda axuda é pouca!".

Si tes algunha bici ou pezas que xa non precises pódense levar ó taller para que outra xente as utilice.

Temos un bote para que quen queira colabore cos gastos de mantemento do taller, como repoñer ferramentas e mercar produtos que usamos tod@s (graxa, aceite), e máis axudar co aluguer.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.