1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

limpeza rios 04Galiza - Proxecto Ríos - O Proxecto Ríos é un programa de Educación e Voluntariado Ambiental que ten a finalidade de dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas problemáticas así como fomentar iniciativas que permitan á cidadanía o mantemento e a mellora dos ríos proporcionando as ferramentas que garantan a súa participación. Este proxecto é iniciativa de ADEGA e está promovido e financiado por Augas de Galicia e o Instituto de Estudos do Territorio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.


VIII Limpeza Simultánea “Móllate polos ríos” se celebrará este ano en 42 concellos de toda Galiza, e participarán un total de 52 entidades(asociacións, comunidades de montes, colectivos ecoloxistas, delegacións de ADEGA, centros de ensino…) e tamén 6 concellos que organizan directamente esta actividade. Algúns destes grupos xa participaron nas limpezas de anos pasados e outros son grupos participantes no Proxecto Ríos. Tamén hai novas entidades que se sumaron por primeira vez a esta sexta edición. A limpeza, que será o 27 de setembro, mobilizará a numerosos voluntarios e voluntarias que se desprazarán aos ríos destes 42 concellos para deixalos libres de lixo, nunha xornada de voluntariado ambiental e concienciación social. A limpeza conta co financiamento da Fundación Biodiversidad, a Confederación Hidrográfica Miño Sil, Augas de Galicia e o IET, e dos seguintes concellos: A Coruña, A Estrada, Ames, Allariz, Arzúa, Cambre, Carballo, Fene, Gondomar, Lugo,  Muxía, Poio, Ponteareas, Pontevedra, Rianxo, Ribadumia, Salceda de Caselas, Santiago de Compostela, San Sadurniño, Teo, e Tomiño.

Para levar a cabo a actuación reeditouse o protocolo de limpeza de ríos co fin de ofrecer unhas pautas sobre cómo se debe facer unha limpeza ecolóxica nos ecosistemas fluviais. Tamén se agasallará aos/ás voluntarios/as con unhas camisolas co lema da limpeza. Actualizouse a páxina web para a limpeza http://limpeza.proxectorios.org/  onde se especifica que é a limpeza, onde se celebrará, os contactos dos/das coordenadores/as, e as entidades participantes, promotoras e colaboradoras.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.