Nesta ocasión será o "Roteiro das praias", duns 9 km e duración estimada de 2 horas e media. A saída está prevista para as 10:00h. da Alameda Rosalía de Castro, e é unha andaina de dificultade baixa.
É unha ruta de gran beleza, de gran valor cultural, paisaxístico e natural, e na que camiñaremos pola práctica totalidade do litoral marinense, pasando polas praias de Portocelo, Mogor, Aguete, Loira e a do Santo.
Como lugares de especial interese destacan os petróglifos de Mogor, nos que faremos unha pequena parada, e no final do percorrido a illa do Santo.
É un roteiro non circular, polo que sería conveniente que aquelas persoas que poidan deixen un vehículo na Praia do Santo para voltar a Marín ao rematar. Conveniente, mais non imprescindíbel, pois desde a organización deixaremos algún vehículo no final do roteiro.