1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

farolfisterraGaliza - MPPN - Monte Pindo une a súa voz aos que reclaman que volva bruar a emblemática bocina do Faro de Fisterra tras 16 anos en silencio.


Se non medrastes na Costa da Morte, seguramente non entendas o significado que para a xente de toda unha comarca ten o lonxano bruar daVaca de Fisterra, apelativo cariñoso que se xeralizou na nosa bisbarra para denominar as bocinas do Faro de Fisterra, que desde 1889 se activaron ininterrumpidamente nos días de borraxeira para alertar -coa axuda do tamén mítico cono de luz destelleante- aos mariñeiros dos perigos inminentes que arreciaban contra os cantís dos nerios e supertamáricos. O seu son, grave e longuísimo, meteuse desde entón no imaxinario colectivo, fíxose lenda e poesía e mistificou o bruar procedente de alén do telón de néboa, rebotando entre os agrestes penedos do Monte Pindo, e en definitiva, confeccionando a conciencia colectiva de toda unha comarca salpicada desde tempos inmemoriais, precisamente, polo destino tráxico que agardaba ao mariñeiro incauto na rompente das ondas.

En 1996, tras 110 anos de vida e sen avisarnos, a vaca calou, silenciada polos avanzos tecnolóxicos de a bordo, e despois de que a Asociación Internacional de Sinalización Marítima recomendara métodos máis eficaces e modernos. Asi, ao saber que non era xa máis necesaria para orientar proas, permaneceu en silencio por primeira vez o último sinal sonoro de Europa, mais tamén desapareceu un símbolo da Costa da Morte.

O 19 de setembro a demanda sae á rúa

16 anos despois, unha acción auspiciada polos escritores, poetas e embaixadores da Costa da Morte Francisco X. Fernández Naval "Chisco", Modesto Fraga ou Xosé Iglesias, coa colaboración do consistorio fisterrán, reclama que remate este silencio, e que a bocina -perdón- a vaca volva bruarnos entre a borraxeira, para seguir edificando a idiosincrasia dunha comarca, e recordándonos para sempre onde está ela, e sobre todo quen somos nós. O 19 de setembro escenificarán esta reivindicación camiñando desde a lonxa de Fisterra ata o Faro.

A vaca de Fisterra é Patrimonio Inmaterial da comarca, e desde o Olimpo Celta suman a súa voz para que volva bruar dunha vez.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.