1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

210982095 e31bd441ff oGaliza - MIBG - O pasado día 31 de xullo tivo lugar a constitución do Consorcio Provincial para o servizo Contra Incendios e de Salvamento de Ourense, que pasará a absorber os existentes consorcios comarcais da provincia, coa idea manifestada de unificar as competencias nun único ente e homoxeneizar o servizo, e así foi recollido nos diversos medios de comunicación do país.


Foto de Javier (CC by-nc-nd/2.0/) - Um bombeiro em Paços de Borbém.

Só un deles sen embargo, que a Mesa Intersindical de Bombeiros de Galicia (MIBG) teña constancia, puxo de manifesto nesta ocasión a situación anómala do servizo de bombeiros en Galicia con respecto tanto ao resto do estado como ás funcións que ten encomendadas, que precisan en moitas ocasións da potestade do exercicio da autoridade, e é que a maioría dos servizos son xestionados por empresas privadas, e non de forma directa pola administración.

É por iso que dende a Mesa Intersindical de Bombeiros de Galicia queren responder ao recollido na nova de La Voz de Galicia na súa edición de Ourense do dia 1 de agosto “El ente provincial de bomberos tendrá una gestión privada” ​, e en concreto ás declaracións do Director Xeral de Emerxencias da Xunta de Galicia, Luis Menor, que segundo recolle a citada nova:

No se llegaron a plantear, según explicó, que la gestión fuese 100 % pública porque no existe «ningún exemplo» en Galicia y seguirán, por tanto, «co modelo que está ata agora».

Alédalles por unha banda ver que non seguen a insistir na falacia de que a xestión privada resulte mais económica, como xa se ten demostrado nunha comparativa entre dous parques case idénticos (Deza e A Rúa), onde o primeiro e de xestión directa e o segundo de xestión privada. Nada sorprendente con nocións elementais de matemáticas, se temos en conta que a xestión privada non pode dedicar ao servizo en si o 21% do IVE nin dedicará o 8% mínimo de beneficio empresarial, mentres que na xestión directa todo debe investirse no propio servizo ao cidadán.

Si lles resulta preocupante que a única escusa para non optar por un sistema de xestión directa sexa que non coñecen outro en Galicia. En primeiro lugar porque, como apuntamos previamente, non é certo, posto que o parque de Tabeirós - Deza - Terra de Montes é de xestión directa, e como Director Xeral de Emerxencias non pode alegar descoñecelo. En segundo lugar porque, curiosamente, Galicia é a única comunidade do estado onde se dá esta situación, e polo tanto o extravagante é manter este sistema que o único que aporta de beneficio é aquel que as empresas, deixando de dedicalo ao servizo publico, meten nos seus petos.

Queda claro por tanto que non só o modelo é mais que cuestionable, senón que as escusas de non coñecer outros de xestión directa caen polo seu propio peso. Para a MIB "só é posible facer estas declaracións dende a mala fe de quen quere ocultar a realidade, ou dende o descoñecemento absoluto da situación do servizo que dirixe, cousa igual de grave e que o faría inadecuado para ocupar o cargo".

Queren aproveitar a lembrar tamén que o pasado 12 de febreiro presentaron dende a MIB unha proposta de Regulamento de Bombeiros, tal e como a Lei 5/2007 de Emerxencias de Galicia recollía que debera estar feito no prazo dun ano dende a súa publicación, e solicitado a apertura de negociación deste para poder avanzar na homoxeneización e o regulamento do servizo en toda Galicia. Con motivo da manifestación levada a cabo o pasado 15 de maio, tamén solicitaron reunirse co propio Director Xeral, Luís Menor, para expoñerlle as eivas do actual sistema e ofrecerlle a colaboración tanto do colectivo de bombeiros como dos sindicatos que os representan, sen que dita reunión se tivera levado a cabo.

Entenden que a xestión de emerxencias de Galicia sofre de graves problemas que teñen a súa base principalmente tanto no propio modelo de xestión indirecta, introducido no servizo fai pouco mais dunha década, como do non desenrolo da citada Lei 5/2007, e por iso impulsamos e seguiremos a traballar para conseguir un servizo público, homoxéneo e igualitario de atención ás emerxencias para toda a poboación galega.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.