1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

naviaincendioGaliza - CIG-Autonómica - Ante a vaga de lumes que sofre Galicia nas últimas datas, os dirixentes da Consellería de Medio Rural poñen de manifesto a súa inaptitude para xestionar a situación de emerxencia que estamos vivindo este verán. Tan so, dende o día 16 de xullo levan ardidas máis de 2000 Ha, o equivalente a 2000 campos de fútbol, superando xa no 2015 as 4900 Ha ardidas, máis do dobre que no ano 2014 na que arderon segundo os datos oficiais da Consellería 2002,6 Ha.


Nesta situación de emerxencia, onde perigaron non so medios forestais senón tamén casas e vidas humanas en moitos lugares de Galicia, atopámonos con que a Consellería segue a actuar do mesmo xeito ano tras ano, dando declaracións a prensa de datos ficticios dos efectivos cos que realmente conta, xa que, os datos de persoal que aparecen no PLADIGA 2015 para nada son un reflexo da realidade existente no monte.

Os traballadores viñan advertindo dende había tempo o abandono total que se está producindo no Servizo Público de extinción de incendios forestais da Xunta de Galicia, por parte dos dirixentes da Consellería de Medio Rural e do Mar: multitude de prazas vacantes nos 19 distritos sen cubrir por aforrar cartos, material técnico e mecánico obsoleto e disgregación do dispositivo público en multitude de empresas que orixinan descoordinación. "Basta xa, de aludir á climatoloxía e aos incendiarios para ocultar o absoluto fracaso na xestión da actual Conselleira e do seu Secretario Xeral na loita contra os lumes, xestión unicamente baseada na propaganda, os recortes e as mentiras", din.

É por esta inaptitude manifesta, polo que, dende as Organizacións Sindicais CCOO, CIG, CSI-F  e  UGT  peden a dimisión inmediata do Secretario Xeral de Medio Rural e Montes e da propia Conselleira. Asemade esixen a apertura inmediata dunha mesa de diálogo onde abordar os problemas que asolan o Servizo Público de extinción de incendios forestais.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.