1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

326px Fluvalinate structure.svgGaliza - APDR - A Asociación Pola Defensa da Ría, integrante da Federación Ecoloxista Galega e da Plataforma contra as Fumigacións, presenta tanto nos concellos de Pontevedra, Marín, Bueu, Cangas, Poio, Vilaboa como na Deputación Provincial de Pontevedra unha proposta de moción en contra do uso de herbicidas e do Tau-Fluvalinato.


Foto de Anypodetos (Copyleft) - Estrutura do tau-fluvalinato

Un  herbicida amplamente usado como o glifosato foi declarado probábel canceríxeno 2a pola Organización Mundial da Saúde e o insecticida tau-fluvalinato é un biocida nocivo, irritante, bioacumulativo, altamente tóxico para a vida acuática, con interaccións tóxicas para as abellas descritas nalgúns estudos e publicacións e como un tóxico “moderado” para as abellas nalgunhas bases de datos internacionais. Ante os riscos para a saúde pública e a biodiversidade, a APDR considera urxente a prohibición do uso dos herbicidas e do tau-fluvalinato en todo tipo de lugares públicos dos municipios, e a súa substitución por métodos mecánicos e/ou biolóxicos non contaminantes, que non danan a saúde nin o medio ambiente.

Nos últimos anos, e de xeito crecente, as empresas contratadas polas distintas administracións públicas (para o mantemento de lugares públicos como parques, xardíns, estradas, centros educativos e ata espazos naturais) xunto multitude de propietarios de fincas e montes, utilizan herbicidas que teñen efectos tóxicos sobre a saúde e o medio ambiente, tal como demostran decenas de estudos científicos. Neste sentido o pasado mes de marzo, 17 expertos de 11 países reuníronse na Axencia Internacional para a Investigación sobre Cancro (IARC; Lión, Francia) da Organización Mundial da Saúde, para declarar como probábeis carcinóxenos a unha serie de pesticidas organofosfatados, entre eles o GLIFOSATO, un dos herbicidas de máis ampla utilización na Galiza e habitualmente utilizado a cotio en amplas zonas forestais galegas xestionadas pola empresa ENCE. Ante a ameaza para a saúde pública, concellos galegos como Redondela, Ponteareas, Amoeiros ou Ames xa deron pasos para declararse libres de herbicidas.

Sobre o tau-fluvalinato o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, cedendo aos intereses de ENCE, concedeulle un ano máis un permiso excepcional ampliando no 2015 a súa aplicación nas catro provincias galegas dende o 9 de abril ao 6 de agosto para unha nova fumigación do monte galego; e, incomprensibelmente, cualifica ao gurgullo do eucalipto como un "perigo imprevisíbel". Con este mesmo obxectivo, a patronal pasteira ASPAPEL e os seus socios (especialmente ENCE) promoveron no 2012 un plan de fumigación aérea cun biocida hoxe ilegal no ámbito europeo (o Flufenoxurón). Para evitar que estas autorizacións se concedan de novo nun futuro próximo é fundamental que as administracións locais teñan en conta as consecuencias deste tipo de prácticas para o medio e as persoas. Convén salientar que si existen outros medios para controlar a praga do goníptero como son a loita biolóxica ou garantir a biodiversidade dos nosos montes evitando os monocultivos.

A moción que se presenta toma como referencia a Directiva marco para un uso sostible dos praguicidas e o Real Decreto 1311/2012 polo que se establece o marco de actuacións para conseguir un uso sostible dos produtos fitosanitarios, normas que recomendan o uso doutros medios máis saudábeis para a eliminación da vexetación ou o goníptero que afecta aos eucaliptais.  Neste sentido, as mocións instan ós plenos dos concellos a declararse libres do uso de herbicidas e do tau-fluvalinato potenciando a substitución destes produtos por métodos mecánicos e/ou biolóxicos non contaminantes, que non danan a saúde nin o medio ambiente. 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.