1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

direitosnomalGaliza - ODS Coia - Se o capitalismo produce e precisa da pobreza e da exclusión social, hai que afondar en espazos de autonomía que leven cara a un horizonte de sociedade diferente. Para moitas a Renda Básica das iguais sería unha ferramenta, un instrumento máis que axudaría a superar a falta de alternativas que o sistema capitalista impón para a maioría.


Unha boa parte da poboación, ten que sufrir como acotío se lle nega o máis básico ou é substituído por sucedáneos insuficientes. Un bo exemplo disto, é o que ocorre coa chegada das vacacións escolares. Políticos e medios de comunicación dirixen as súas olladas aos problemas de alimentación infantil. Como di Albert Sales os perigos de enfocar os problemas, case exclusivamente neste asunto, son simplificar “la realidad en exceso, facilitando juicios de valor que criminalizan a las personas en situación de pobreza y las incapacitan para ser actores políticos y protagonistas de su propio proceso de lucha por los derechos sociales” e promover “la aparición de iniciativas espontáneas de beneficencia que se dedican a repartir alimentos en especies desconociendo el impacto de su actividad”.

Mentres as familias sofren os recortes nas bolsas, nos comedores e nas axudas directas, os poucos recursos públicos oriéntanse cara a ineficaces proxectos privados e ONGs que funcionan xestionando a caridade “para pobres”, mentres ás “beneficiarias” se lle negan os Dereitos Sociais e a dignidade.

Pouco antes de finalizar o curso Abel Caballero daba titulares coma: El Concello atenderá, “inmediatamente y en sus casas” a los niños que se quedan sin comedor escolar tras acabar el curso. Tras este titular, está a crúa realidade daquelas que padecen a inxustiza de se veren privadas dos mínimos para a vida.

Nunha asemblea da ODS Coia de Vigo, varias familias contaron o que non hai tras este anuncio. Unha persoa di que “no departamento de Benestar Social do concello non saben nada disto. Din que pidamos cita coa traballadora social”. Non hai medidas extraordinarias, e as ordinarias están marcadas pola lentitude, o colapso, a insuficiencia de recursos, a arbitrariedade...

As respostas que a concellería que dirixe Isaura Abelairas ofrece son as Axudas de Emerxencia Municipal e os paquetes de alimentos de organizacións privadas (AFAN, Vida Digna, Hermanos Misioneros...) ás que envían as propias traballadoras sociais do concello.

No mellor dos casos "inmediatamente" supón:

- Agardar cando menos un mes pola cita coa traballadora social (tempo que coas vacacións do persoal pode aumentar).

- Esperar 2 ou 3 semanas pola concesión da axuda no caso de que a traballadora social e a comisión aproben dita axuda. Tempo que depende tamén de que no departamento teñan libramento de cartos para pagar esas.

Fácil é que esa familia e as súas crianzas teñan que agardar até case o comezo do curso seguinte pola Axuda de Emerxencia Municipalou que a solución pase por un paquete de alimentos.

"Estamos fartas de agardar por promesas falsas, precisamos Dereitos Sociais, xa!" din do ODS Coia.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.