1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

7223162788 cba5136801 zGaliza - XF/DL - Profesorado do CIFP Portovello convoca unha rolda de prensa para o martes 30 de xuño ás 11:00 horas, no Liceo de Ourense co obxecto de presentar os argumentos do Claustro de profesorado en contra da eliminación da oferta presencial de persoas adultas de diversos ciclos formativos impartidos no centro.


Foto de ANSES (CC /by-sa/2.0)

Os argumentos que dan son varios:

A oferta educativa que vén de publicar a Consellería de Educación a través da Orde do 11 de
xuño de 2015 (DOG nº 122 do 16 de xuño de 2015) supón unha vulneración dos dereitos de
alumnado matriculado no réxime presencial das persoas adultas no CIFP Portovello de
Ourense, ao tempo que acentúa o desequilibrio territorial da provincia con respecto ao que
acontece nas outras provincias galegas.

A eliminación da oferta presencial de persoas adultas dalgúns dos estudos que se imparten no
CIFP Portovello fará que a provincia de Ourense sexa a única galega que non disporá dunha
oferta completa das tres modalidades de FP (ordinaria, persoas adultas presencial e persoas
adultas a distancia) nos ciclos formativos de Atención a persoas en situación de dependencia e
educación infantil.

A nova proposta prodúcese cando os estudos eliminados se ato:aban completamente
consolidados no caso do Ciclo superior de educación infantil e en vías de consolidación no ciclo
de atención a persoas en situación de dependencia, acadándose uns importantes índices de
empregabilidade nos sectores relacionados cos estudos entre o alumnado desta modalidade.
O perfil do alumnado (idade, responsabilidades familiares e laborais, competencias dixitais,
recursos, …) que se viña matriculando neste réxime dificulta, cando non impide, a súa
inserción nalgunha das outras modalidades de estudos que se impartirán no vindeiro curso
no centro que escolleran para realizar os seus estudos.

Dáse o caso de que a eliminación da oferta de estudos dende o ensino público ourensán
prodúcese ao tempo que os mesmos se ofertarán dende a privada.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.