1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

210615 ondaGaliza - PDMM - "Os colectivos sociais da vila, Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo, Grupo Cultural O Ronsel, Asociación Defende o Monte Pituco, Asociación Queremos Galego Marín e Colectivo Nacionalista de Marín queren amosar publicamente o seu apoio á MARCHA CONTRA CELULOSAS convocada un ano máis pola Asociación Pola Defensa da Ría, e animamos a veciñanza a participar activamente na mesma dende as alamedas de Marín e de Pontevedra ás 19:30 h. do vindeiro sábado 20 de xuño.


A factoría Ence malia ser condenada por delito ecolóxico continuado no ano 2002 e o grande rexeitamento social que provoca a súa permanencia na ría, semella contar coa complicidade das administracións públicas estatais e autonómicas. Así, as distintas autorizacións ambientais integradas concedidas á empresa nos últimos anos por distintos gobernos xunto coa reforma da Lei de Costas impulsada polo Partido Popular no 2013 ábrenlle as portas á pasteira para seguir ocupando terreos de dominio público marítimo terrestre na ría máis alá do 2018.

As promesas de creación de postos de emprego por parte da empresa, alén dunha chantaxe á veciñanza en tempos de crise para que se opoña ao desmantelamento do complexo, son unha burla aos traballadores da propia empresa que nos últimos anos está a aplicar numerosos ere´s. Fronte a estas promesas incumpridas, existe outra realidade, a dos centos de postos de traballo que xera o marisqueo que se están a ver afectados pola presenza do complexo, a depuradora e os continuos recheos na ría.

Alén dos efectos que, por moito que intente a empresa darlle un lavado de cara, provoca a presenza de Ence con verteduras tóxicas na ría e emisións cheirentas e contaminantes na atmosfera, cómpre salientar que a implantación do complexo a comezos dos anos 60 trouxo consigo un novo “modelo forestal” caracterizado polo monocultivo do eucalipto, especie alóctona, pirófita e invasora que, ademais de reducir a biodiversidade e alterar os ecosistemas até límites alarmantes, propiciou ao longo destes anos sucesivas vagas de lumes, aparición de pragas e fumigacións con produtos agrotóxicos, desestruturando a xestión tradicional e propiciando así mesmo o abandono dos nosos montes.

Consideramos que xa é o momento de comezar a dar pasos cara a outro modelo produtivo máis respectuoso co medio e a nosa saúde, un modelo que substitúa ao desarrollismo herdado do anterior réxime baseado na produción sen límite e no desbaldimento de recursos, que ten deixado unha enorme pegada ecolóxica a nivel local e global. Por iso, demandamos o desmantelamento do complexo Ence-Elnosa da ría como o primeiro paso necesario para recuperarmos ambientalmente o espazo que agora ocupa para o uso da veciñanza, o desenvolvemento do marisqueo e outras actividades socioeconómicas, culturais e recreativas máis respectuosas co medio."


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.