1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

helicincGaliza - CIG - No Goberno da Xunta de Galiza segue a estar patente a improvisación coa que segue actuando en materia de incendios forestais tendo en conta as actuais condicións metereolóxicas de vento desecante do Nordés e altas temperaturas, e sobre todo debido á mala xestión coa que actúa o Goberno autonómico na organización dos medios propios, cos que conta para apagar os lumes forestais.


Os Axentes Medioambientais de Galiza, poñen de manifesto ante a opinión pública que a Consellería do Medio Rural e do Mar actualmente conta cun só helicóptero para apagar todos os lumes que xurdan en Galiza. As bases de helicópteros propias da Xunta de Galiza permanecen inoperativas por non ter helicóptero e mentres as brigadas helitransportadas destas bases teñen que desprazarse a incendios fóra da sua provincia en vehículos, como foi o caso da brigada de Campiño no lume forestal de Lousame donde arderon 28,1 has.

Os Axentes denuncian que a política de contratación que utiliza o Goberno autonómico para contratar os medios aéreos de loita contra incendios non é a axeitada, posto que tivo operativas bases aéreas durante meses de choiva e agora no mes de xuño, cando son realmente necesarias, éstas permanecen pechadas.

Pídenlle á Consellería que corrixa esta situación de maneira urxente.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.