1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

4888410867 3d35243fdc z

Galiza - CIG -  


Foto de José Luís Cernadas Iglesias (CC by/2.0)

Mentres os incendios devastan os montes galegos e as previsións de bon tempo e ventos desencantes continúan, a Xunta segue sen facer os deberes. O dispositivo contraincendios está mermado, non se cubren as xubilacións, nin as baixas, nin as vacantes e isto un ano tras outro e por riba a Xunta propón amortizar 10 postos de Axentes Medioambientais/Forestais, dos cales 5 son en Ourense, a provincia onde se concentra o maior número de incendios de toda a península.

Os Axentes Forestais e Medioambientais, son únicos profesionais con formación específica en materias forestal e medioambiental, con competencias en control, xestión e vixiancia medioambientais e son os que dirixen a extinción do 99% dos lumes de Galicia. A día de hoxe, este colectivo xa ten esgotados os períodos de gardas extraordinarias fora da época estival.

Os Axentes poñen de manifesto que a Secretaría Xeral de Montes da Consellería do Medio Rural e do Mar, en lugar de basearse en criterios técnicos para establecer a quenda de gardas destes profesionais, usa uns criterios claramente políticos, posto que unha semana antes das elección municipais unha semana con temperaturas baixas e incluso con días de precipitacións, se lle impón un período de gardas innecesarias, dende o punto de vista técnico.

Os representantes dos traballadores advirten que non permitiran que se poña en risco a seguridade e saúde dos traballadores, prolongando a súa quenda ordinaria, e no caso que se prolongue de forma excesiva e reiterada a xornada horaria, veranse obrigados a denunciar estes feitos ante a fiscalía posto que se estará poñendo en risco a seguridade e saúde de ditos traballadores, como anos antes acostumaba facer a secretaría. Os Axentes denuncian a política errática na xestión que o Goberno autonómico está usando para contratar os medios aéreos de loita contra incendios, que actuando de novo de maneira improvisada, ven como mentres as bases con medios propios da Xunta de Galicia permanecen pechadas, outras bases xestionadas por empresas privadas si que están abertas, gastando desta forma diñeiro público innecesariamente, cun fin claramente beneficioso para as ditas empresas privadas.

Ano tras ano os lumes asolan os montes galegos sen que a Xunta de Galicia adopte unha política forestal adecuada para poñer en valor os recursos naturais de Galicia, que minimice os incendios forestais.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.